Ninetjer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).
Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.
A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).
Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.
Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.
Remove ads
Testemuños da súa época
- Impresións de selo nunha galería preto da pirámide de Unis en Saqqara; quizais o lugar do enterro de Ninetjer (Hassan) (Wilkinson).
- Impresións de selo nunha gran tumba de Giza (Petrie).
- Impresións de selo, tumbas 2171 e 2302 en Saqqara (Quibell).
- Inscricións de Helwan (Saad).
| Predecesor: Raneb |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Weneg |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
