Raneb

From Wikipedia, the free encyclopedia

Raneb
Remove ads

Raneb ou Nebré foi o segundo faraón da Segunda Dinastía de Exipto. Reinou, segundo von Beckerath, aproximadamente c. 2800-2785 a. C..

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Manetón comenta que reinou en Exipto 39 anos, e denomínao kaiekos, segundo Xulio Africano, ou Kaicoos, segundo Eusebio de Cesarea, na versión de Sincelo, ou Cecous, na versión armenia de Eusebio. Engade ademais que durante o seu goberno considerouse que os bois Apis en Menfis, Mnevis en Heliópole e o carneiro en Mendes, eran deuses.

Actualmente sábese que o culto aos bois Apis procede, polo menos, de inicios da primeira dinastía.

Remove ads

Testemuños da súa época

Atopáronse numerosas impresións de selo do faraón baixo a pirámide de Unis en Saqqara (Maspero), na súa posíbel tumba; tamén un ronsel, co seu nome, procedente de Saqqara ou Menfis (MMNY).

Outras hipóteses

P. Munro suxire que a galería-tumba B en Saqqara meridional pertenceu a Raneb e non a Hetepsekhemui.

Predecesor:
Hetepsekhemui
Faraón
Segunda dinastía
Sucesor:
Ninetjer
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads