Nippo jisho

dicionario histórico xaponés-portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

Nippo jisho
Remove ads

O Vocabvlario da Lingoa de Iapam ou Nippo jisho (en xaponés: 日葡辞書; "Dicionario xaponés-portugués") é un dicionario de xaponés, o primeiro elaborado para unha lingua occidental.[1] Foi creado por misioneiros xesuítas lusos e publicado en Nagasaki no 1603.[1] Inclúe 32.000 voces nipoas traducidas ao portugués.[1] Existe unha versión en castelán do 1630, e outra francesa do 1869.[1]

Datos rápidos Tipo, Autoría ...

Remove ads

Compilación

A Compañía de Xesús, coa colaboración de cristiáns xaponeses, compilou o dicionario ao longo de varios anos.[1] O seu obxectivo era axudar aos misioneiros no estudo do idioma.[1] Pénsase que o organizador do proxecto foi o sacerdote João Rodrigues, autor da primeira gramática nipoa, o Nihon daibunjiten 日本大文辞典 ("Gran dicionario do Xapón", 1604), e do Nihongo kobunten 日本語小文典 ("Breve enciclopedia do xaponés"), unha introdución á lingua para os misioneiros.[1][2][3] O estilo de transcrición da lingua xaponesa empregado nesta obra serviu de base para o resto de materiais xesuítas elaborados no arquipélago nipón, con escasas alteracións.[4]

Remove ads

Estrutura

As súas entradas están ordenadas alfabeticamente.[1] Cada palabra está transcrita no alfabeto latino, seguindo as convencións portuguesas.[1] Tamén se identifican as palabras propias de dialectos rexionais, as formas faladas ou escritas, as expresións propias de mulleres ou dos nenos, os termos formais e o léxico de orixe budista.[1] Estas indicacións fornecen aos lingüistas actuais de información valiosa sobre a evolución da lingua xaponesa durante o período Sengoku.[1]

A obra tamén recolle datos sobre rimas, pronuncias individuais, significados, usos lingüísticos, nomes de plantas e animais, frases populares e costumes da época.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads