Noa Presas

política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Noa Presas
Remove ads

Noa Olalla Presas Bergantiños, nada en Ourense o 2 de outubro de 1987, é unha profesora e política galega do BNG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o mestrado universitario de Profesorado. Aos 16 anos entrou nos CAE e comezou a militar no BNG. Traballou como lingüista, profesora no ensino, e teleoperadora nun servizo de atención ao cliente. Foi cabeza de lista da provincia de Ourense polo BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016,[1] sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia.[2][3]

En xullo do 2022 fixo público a través das súas redes sociais que aprobara as oposicións de ensino secundario. En 2023 preséntase como cabeza de lista por Ourense ao Congreso.[4] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads