Nomenclatura IUPAC

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

É a nomenclatura dos compostos químicos elaborada pola IUPAC. A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, coñecida polo acrónimo IUPAC do seu nome en inglés (International Union of Pure and Applied Chemistry), é a autoridade universalmente recoñecida en nomenclatura e terminoloxía química.

Datos rápidos Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, Subclase de ...
Remove ads

Estrutura organizativa

A organización conta con dous órganos encargados desta actividade: a "División VIII", dedicada á "Nomenclatura e representación de estruturas" e a "Comisión Interdivisional de Terminoloxía, Nomenclatura e Símbolos".

Actividades

Unha das principais actividades da IUPAC é o desenvolvemento de recomendacións para o establecemento dunha nomenclatura e terminoloxía inequívoca, uniforme e coherente para campos científicos específicos. Estas recomendacións poden adoptar a forma de: glosarios de termos para disciplinas químicas específicas; definicións de termos relacionados cun grupo de propiedades; nomenclatura dos compostos químicos e as súas clases; terminoloxía, símbolos e unidades para un campo específico: clasificacións e usos de termos para un campo específico, e convencións e estándares prácticos para a presentación de datos en campos específicos.[1]

Remove ads

Publicación e acceso ás recomendacións

As recomendacións publícanse na revista científica Pure and Applied Chemistry e están dispoñibles publicamente o ano seguinte á súa publicación. Tamén se inclúen na base de datos en liña da IUPAC un ano despois da publicación na revista.

Recursos adicionais

A información sobre terminoloxía tamén está dispoñible a través dos libros da IUPAC, unha colección de sete libros coñecidos pola súa cor distintiva.

Áreas de nomenclatura

Hai dúas áreas principais:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads