North Carolina Tar Heels

equipo deportivo da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill From Wikipedia, the free encyclopedia

North Carolina Tar Heels
Remove ads

North Carolina Tar Heels é o equipo deportivo da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, Carolina do Norte. Os equipos dos Tar Heels participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forma parte da Atlantic Coast Conference.

North Carolina Tar Heels
División División I da NCAA
Subdivisión no fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Atlantic Coast Conference
Alcume Tar Heels
Mascota Bélier
Estadio de fútbol americano Kenan Stadium
(60.000 espectadores)
Pavillón de baloncesto Dean Smith Center (H)
(21.750 espectadores)
Carmichael Auditorium (F)
(10.180 espectadores)
Thumb

Os Tar Heels gañaron 39 campionatos nacionais en cinco deportes diferentes, e 51 campionatos nacionais individuais. O equipo feminino de fútbol gañou 18 campionatos nacionais dende 1981, e o masculino en 2001; o masculino de baloncesto fixo o propio en 1924, 1957, 1982, 1993, 2005 e 2009, e o feminino en 1994; o masculino de lacrosse en 1982, 1986 e 1991; o feminino de hóckey sobre herba en 1989, 1995, 1996 e 1997; o feminino de balonmán en 2004, e o masculino en 2004, 2005 e 2006.

Deportistas do talle de Michael Jordan, James Worthy, Bob McAdoo, Vince Carter, Rasheed Wallace, Jerry Stackhouse, Antawn Jamison, Mia Hamm, Eddie Pope e Marion Jones proceden desta universidade.

Remove ads

Baloncesto

O equipo de baloncesto gañou cinco campionatos nacionais. Os Tar Heels gañaron o seu primeiro campionato nacional de baloncesto en 1957, con Frank McGuire coma adestrador. Os Tar Heels gañaron contra a Universidade de Kansas na final. Os Tar Heels gañaron o seu seguinte campionato nacional en 1982, vencendo á Universidade de Georgetown no seu último partido. En 1993, os Tar Heels gañaron o seu terceiro campionato nacional contra a Universidade de Míchigan. Dean Smith era o adestrador nos campionatos de 1982 e 1993. No seu cuarto e quinto campionato, os Tar Heels, con Roy Williams coma adestrador, gañaron á Universidade de Illinois en 2005 e contra a Universidade de Michigan State no ano 2009, respetivamente.

Remove ads

Dorsais retirados

Baloncesto

Thumb
O Dean Smith Center, coas bancadas baleiras
Máis información Dorsais retirados en baloncesto, Dorsal ...

Fútbol americano

Máis información Dorsais retirados en fútbol americano, Dorsal ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads