Nova Aquitania
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nova Aquitania (en francés: Nouvelle-Aquitaine, en éuscaro: Akitania Berria, en occitano: Nòva Aquitània) é unha rexión administrativa de Francia. Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Aquitania, Lemosín e Poitou-Charentes.
A rexión ten unha superficie de 84.061 km2 e arredor de 5.808.594 habitantes (segundo datos de 2012). Comezou a funcionar logo das eleccións rexionais de decembro de 2015. A maior cidade é a de Bordeos, a capital da rexión.
Chamouse durante uns meses Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes e o nome de Nova-Aquitania é oficial dende o 28 de setembro e efectivo dende o 30 de setembro do mesmo ano.[1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads