Nova Escocia

Provincia de Canadá From Wikipedia, the free encyclopedia

Nova Escociamap
Remove ads

Nova Escocia[1] (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[2] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

Datos rápidos Lema, Epónimo ...

A economía de Nova Escocia estivo tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes diversificouse. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terra Nova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.

Remove ads

Xeografía

A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.

Thumb
Mapa de Nova Escocia

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads