Novo proxecto común
organización política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Novo Proxecto Común foi a denominación que recibiu o proxecto de reorganización que aconteceu no nacionalismo galego após a escisión que sufriu o BNG no ano 2012. Nel participaron tanto partidos que foran integrantes do BNG, coma Máis Galicia ou Encontro Irmandiño, coma outras formacións políticas e militantes doutros partidos.
Historia do termo
A escisión do BNG
O 26 de xaneiro de 2012 celebrouse a XIII Asemblea Nacional do BNG, na que se elixiu o candidato para presidir a Xunta de Galicia nas eleccións galegas de 2012, así coma a executiva nacional.
Presentáronse tres listas: Alternativa pola Unidade (ApU), co apoio da Unión do Povo Galego e con Guillerme Vázquez para voceiro e Francisco Jorquera para candidato; unha lista encabezada por Máis Galiza e Encontro Irmandiño (+G-EI), co apoio do Colectivo Socialista, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, Esquerda Nacionalista, Inzar, Unidade Galega e Espazo Socialista Galego, con Xosé Manuel Beiras para voceiro e Carlos Aymerich para candidato; e unha lista de Movemento Galego ao Socialismo, encabezada por Rafael Vilar.[1][2][3] Finalmente, Guillerme Vázquez resultou reelixido portavoz nacional con 2.123 votos fronte Xosé Manuel Beiras, con 1.823 votos; e Francisco Jorquera candidato á presidencia da Xunta con 2.338 votos (53 %) fronte aos 2.043 votos (46 %) conseguidos por Carlos Aymerich.
Após a asemblea, e por mor de diferenzas internas, o partido liderado por Xosé Manuel Beiras Encontro Irmandiño[4] e máis Esquerda Nacionalista[5] decidiron abandonar o Bloque Nacionalista Galego.
Posteriormente Máis Galiza, a segunda forza máis votada tras a UPG, e o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista seguiron o mesmo camiño e abandonaron a formación frontista.[6][7]
A reestruturación do nacionalismo
Despois da escisión do BNG, que até o momento fora o partido de referencia do nacionalismo galego, as principais formacións escindidas (Encontro Irmandiño e Máis Galiza iniciaron contactos con outros partidos como Acción Galega (un grupo creado no ano 2012 e integrado, entre outros políticos, por Teresa Táboas e Rafael Cuíña, ex militante do PP e fillo do político Xosé Cuíña) ou Espazo Ecosocialista Galego.[8]
Outros partidos con representación que participaron na reestruturación do Novo Proxecto Común foron Terra Galega, o Partido Galeguista Demócrata ou o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, o Partido da Terra, Movemento pola Base ou a Fronte Popular Galega.
En maio de 2012, nace a formación Compromiso por Galicia, integrada nun primeiro momento por tres partidos principais: Máis Galicia, Acción Galega e Espazo Ecosocialista Galego.[9]
O 14 de xullo de 2012 foi celebrada a asemblea para establecer as bases do novo proxecto nacionalista, coa fin de achegar posturas entre o recentemente fundado Compromiso por Galicia e o partido de Beiras Encontro Irmandiño, ademais doutras pequenas formacións.[10]. En dita asemblea estiveron representados case 100 concellos galegos e foi liderada por Xosé Manuel Beiras.[11]
En xullo de 2012 Encontro Irmandiño forma o partido denominado ANOVA-Irmandade Nacionalista.[12][13]
En agosto de 2012 entrar a formar parte de Compromiso por Galicia o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego, Unidade da Esquerda Galega, Partido Galeguista Demócrata (PGD),[14][15]
De cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 celebradas en outubro dese ano, ANOVA concorreu en coalición con Esquerda Unida, EQUO e Espazo Ecosocialista Galego (que deixou CxG) nunha alianza electoral de esquerda anticapitalista, denominada Alternativa Galega de Esquerda.[16][17]
En ditas eleccións, Alternativa Galega de Esquerda obtivo o 13,99% dos votos nas eleccións de 2012 e 9 deputados, dos cales 4 corresponden a Anova. Compromiso por Galicia, que finalmente concorreu en solitario, non acadou representación.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads