Movemento pola Base

organización política From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Movemento pola Base é unha organización política independentista de esquerdas. Naceu no verán de 2006 a partir dun colectivo de militantes do BNG críticos coa evolución política da fronte nacionalista neses anos.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...
Remove ads

Historia

A participación do BNG nun goberno bipartito co PSOE na Xunta de Galicia xerou diversas críticas dento da fronte nacionalista, e algúns dos seus militantes consideraron que a praxe política se apartaba dos principios históricos da organización. Paralelamente, xurdiran nese tempo outras diverxencias no sindicato nacionalista CIG e na organización xuvenil Galiza Nova (estas deran lugar á creación de Isca).

Neste contexto un grupo de militantes da UPG (partido integrante do BNG) e da CIG de Ferrol, Santiago e Vigo abandonaron a UPG e comezaron unha nova organización. Entre eles estaban Antolín Alcántara, Fermín Paz, Manuel Mera e Ramiro Oubiña, que formaban parte da Executiva da CIG, e Fidel Diéguez. Despois incorporáronse tamén membros de Isca e outros militantes do BNG.

A primeira acción pública do MpB (Movemento pola Base) foi a presentación dunha candidatura ao Consello Nacional na XII Asemblea Nacional do BNG encabezada por Fermín Paz e Paula Castro que acadou 245 votos (9,32%) e 5 representantes (Fermín Paz Lamigueiro, Paula Castro Lago, Xosé Emilio Vicente Caneda, Zelia García Parra e Fidel Diéguez Díez).[1] Nesta Asemblea Nacional do BNG o MpB criticou o que consideraba a deriva ideolóxica do BNG e a perda do mecanismo asambleario na toma de decisións da fronte. O día 28 de outubro de 2007 constituíuse formalmente como organización política, e definiuse como unha "organización da clase traballadora" que avoga pola independencia de Galiza e "pola superación do capitalismo coa construción do poder popular no camiño da sociedade socialista".

Remove ads

División interna

Entre os meses de decembro de 2008 e xaneiro de 2009 esta corrente fragmentouse entre aqueles partidarios de crearen unha nova formación política á marxe do BNG, dirixidos por Miguel Anxo Abraira e Fermín Paz, e os que avogaban por seguir dentro desa fronte, encabezados por Roberto Mera e Antolín Alcántara. Tamén foi un elemento importante na división o papel do MpB na CIG e as súas relacións coa UPG dentro desta central sindical.[2] As dúas faccións reivindicaron a súa lexitimidade e o uso da denominación Movemento pola Base.

A primeira facción celebrou unha asemblea nacional o 7 de febreiro do 2009 onde se decidiu abandonar o BNG como plataforma electoral da organización e manifestouse a necesidade dunha nova organización soberanista con presenza nas institucións.[3] Esta facción abandonou definitivamente o BNG o 14 de marzo de 2009.[4] O resto dos membros do Movemento pola Base que permaneceron no BNG, crearon unha nova organización denominada Movemento Galego ao Socialismo.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads