Lesma de mar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lesma de mar
Remove ads

Co nome vulgar de lesma de mar[1] denomínase os moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, superorde dos nudipleuros e orde dos nudibranquios.[2]

Máis información Lesmas de marNudibranquiosNudibranchia, Clasificación científica ...

Son gasterópodos mariños de corpo brando que perden as súas cunchas despois do seu estadio larval.[3] Destacan polas súas cores, a miúdo extraordinarias, e as súas formas rechamantes.[4]

Actualmente recoñécense unhas 3 000 especies de nudibranquios.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A orde foi descrita en 1817 polo naturalista francés Georges Cuvier,[2] na súa obra Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques.

Etimoloxía

O nome científico Nudibranchia está formado pola unión dos elemento Nudi- e -branchia. O primeiro é o xenitivo (como manda a norma) do adxectivo latino nūdus, -a, -um, "espido", e o segundo deriva do substantivo do grego antigo βράγχια bránchia, "branquia". Literalmente, "os de branquias espidas".[5]

Subordes

A orde comprende soamente dúas subordes:

  • Cladobranquios (Cladobranchia)
  • Dorídinos (Doridina)
Remove ads

Características

Caracterízanse por teren o corpo, de simetría bilateral, non segmentado, cunha cavidade ou celoma no seu interior onde se sitúan os órganos, unha cabeza diferenciada con órganos sensoriais e un musculoso na parte ventral, que serve de medio de locomoción.

Non teñen cuncha nin opérculo, e a súa variada e rechamante coloración alerta da súa gran toxicidade. Porén, algunhas especies teñen o corpo transparente e a capacidade para emitiren luz.

As especies máis grandes poden alcanzar os 40 cm. Respiran por branquias que teñen distintas formas e localízanse en distintas zonas do corpo. Posúen dous órganos sensoriais, a xeito de cornos, moi coloreados, situados na cabeza, denominados rinóforos.

Remove ads

En Galicia

Os investigadores do Grupo do Estudo do Medio Mariño de Galicia (GEMM) crían que a lesma de mar que atoparan na ría de Arousa era unha especie xa descrita (Tritonia hombergii), que se pode encontrar en augas máis ao norte. Porén, decidiron estudala polo miúdo, e acabaron descubrindo que estaban ante unha nova especie de lesma de mar, non descrita até agora. E ademais trátase dunha das de maior tamaño do planeta entre os seus parentes da orde, con case 20 cm, polo que o GEMM cualificouna como "xigante". É a Marionia gemmi,[6] así bautizada na honra do GEMM, que ademais destaca pola súa capacidade para desprazarse nadando grazas ás contraccións que pode facer o seu corpo, un trazo que lle permite moverse pola columna de auga e arrastrarse coa corrente lonxe dos perigos potenciais.[1]

Marionia gemmi é unha especie moi próxima a M. blainvillea, da que se diferencia polo seu maior tamaño (até 20 cm contra 6 cm) e a cor, basicamente crema con manchas vermellas e brancas dispersas. M. gemmi nunca ten as raias dorsais vermellas ou alaranxadas brillantes e as poucas raias transversais esbrancuxadas que ten M. blainvillea. Os seus rinóforos son totalmente beixes.[7]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads