Ría de Arousa

unha da Rías Baixas, entre o Barbanza e o Salnés From Wikipedia, the free encyclopedia

Ría de Arousamap
Remove ads

A ría de Arousa, tamén coñecida localmente como ría da Arousa,[1] é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Xeografía

Thumb
"Plano de la Ría de Arosa por Domingo Fontán año de 1828" (o norte está á esquerda).

Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada e Sálvora, que son parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa illa da Toxa.

Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.

A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado pola costa que vai dende a punta das Sinas, ata a Illa da Toxa.

A histórica e monumental vila de Cambados é o principal punto de referencia, e os accidentes costeiros sobresalientes son o seo da desembocadura do Umia e a enseada do Grove, tamén de aspecto lacustre. A península do Grove ten a braveza do mar aberto que case non paran nin o vento nin o mar, que se fai notar na súa costa e praias.

A profundidade tamén oscila entre os 70 m na boca da ría e os 20 m na entrada á enseada de Vilagarcía. É a máis profunda e máis ampla das rías galegas[Cómpre referencia], só superada pola ría de Vigo en lonxitude.

A penetración da ría é de 26 km e o ancho moi variable, oscilando desde os 15 km entre Ribeira e Cambados, e os 3 km entre a punta de Cabío e a Illa de Arousa.

A principal característica, a parte do sinuoso e recortado litoral, é a infinidade de illas, illotes e rochas que sobresaen por toda a ría.

Remove ads

A ría e o Apóstolo

A Ruta Marítima Xacobea pola ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, segundo a tradición, do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, tralo seu martirio en Xerusalén; ordenou a súa decapitación Herodes Agripa I no ano 44, recóllese nos Feitos dos Apóstolos, de san Lucas.

As antigas tradicións cristiás, recollidas nos textos medievais, relatan que varios dos seus discípulos recolleron o corpo de Santiago, amortallárono e trasladárono partindo do porto de Iafa a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica, ata os confíns de Occidente. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola ría de Arousa e remontaron o río Ulla, arribando na cidade romana de Iria Flavia.

Remove ads
  • Pasei a ría de Arousa/ nunha barquiña de vela,/ non vin cousa máis bonita/ nin penso volver a vela [2].
  • Pasei a ría de Arousa/ nunha lanchiña de vela,/ non vin cousa máis bonita/ nin penso volver vela [3].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [4].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads