Nueva Aurora
periódico de Pontevedra (1913-1923) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nueva Aurora foi un periódico aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1923.
Remove ads
Historia e características
Subtitulado Quincenario Obrero-Socialista, a partir do número 12 pasou a chamarse Semanario Obrero-Socialista e desde o número 27 foi Semanario Socialista. Apareceu a finais de xullo de 1919. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Foron os seus directores Ramiro Paz Carbajal (até outubro de 1920), Francisco Tilve Rodríguez e Francisco Otero Juncal. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade. Entre os seus colaboradores estaba Urbano Rodríguez Moledo.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Marco, Aurora (2003). Ramiro Paz Carbajal 1891-1936. Unha vida segada pola barbarie. Noia: Toxosoutos. pp. 39–44. ISBN 84-96259-03-X.
- Freán Hernández, Óscar (2013). A revolución escrita. A prensa obreira galega (1866-1936). Villeurbanne: Editions Orbis Tertius. pp. 173–174. ISBN 978-2-36783-004-9.
Outros artigos
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads