ONCE
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Organización Nacional de Cegos Españois[1] (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e persoas con discapacidades visuais de toda España.

Remove ads
Características
Trátase dunha organización moi activa que participa nos diversos foros nacionais e internacionais sobre cegueira e discapacidade, promovendo tamén distintas iniciativas para lograr a súa función.
Para levar a cabo o seu labor conta co apoio e beneplácito da Administración pública a través do Consello do Protectorado no que se integran os ministerios de Economía e Facenda, Traballo e Asuntos Sociais e Interior. Ademais, organiza o chamado Cupón da ONCE, un sorteo que, ademais de dar premios á combinación sorteada, proporciona parte dos fondos da organización.
É socio fundador do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, máis coñecido polas súas siglas, CERMI.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads