O delator

filme de 1935 dirixido por John Ford From Wikipedia, the free encyclopedia

O delator
Remove ads

O delator (en inglés: The Informer) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por John Ford. O filme está ambientado na guerra civil irlandesa de 1922. O guión, escrito por Dudley Nichols, baséase na novela homónima do seu primo Liam O'Flaherty, quen participou activamente na loita pola independencia de Irlanda. O filme gañou catro premios Óscar: mellor dirección (John Ford), mellor actor (Victor McLaglen), mellor guión (Dudley Nichols) e mellor música (Max Steiner).

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 2015.[1]

Remove ads

Argumento

Dublín, década de 1920. Gypo entrega o seu mellor amigo, compañeiro do IRA, a cambio de vinte libras para unha pasaxe aos Estados Unidos para el e a súa moza. Ademais de ver o seu amigo morto, pasa a ser perseguido pola banda como traidor.

Elenco

Thumb
McLaglen e Grahame
  • Victor McLaglen - "Gypo" Nolan
  • Heather Angel - Mary McPhillip
  • Preston Foster - Dan Gallagher
  • Margot Grahame - Katie Madden
  • Wallace Ford - Frankie McPhillip
  • Una O'Connor - Mrs McPhillip
  • J. M. Kerrigan - Terry
  • Joe Sawyer - Bartly Mulholland (acreditado como Joseph Sauers)
  • Neil Fitzgerald - Tommy Connor
  • Donald Meek - Peter Mulligan
  • D'Arcy Corrigan - The Blind Man
  • Leo McCabe - Donahue
  • Steve Pendleton - Dennis Daly (acreditado como Gaylord Pendleton)
  • Francis Ford - "Judge" Flynn
  • May Boley - Madame Betty
Remove ads

Recoñecementos

Graham Greene eloxiou o filme nun artigo para The Spectator en 1935 describíndoo como "un filme memorable", cuxa substancia supón "material soberbio para a pantalla". Greene destacou especialmente a interpretación de Victor McLaglen, indicando que "nunca tivera unha actuación máis talentosa".[2]

Premios

Máis información Premio, Resultado ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads