O gran Lebowski
filme de 1998 dirixido por Joel Coen e Ethan Coen From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O gran Lebowski (en inglés: The Big Lebowski) é un filme estadounidense escrito e dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1998. A historia do filme está ambientada a comezos dos anos 1990. Jeff Bridges interpreta a Jeff Lebowski, un desempregado preguiceiro dos Ánxeles alcumado "the Dude". Despois dunha confusión de identidade, the Dude é presentado a un millonario tamén chamado Jeffrey Lebowski. Cando a muller trofeo do Lebowski millonario é secuestrada, encárgalle a entrega do recate para asegurar a súa liberación. O plan vólvese en contra cando o seu amigo Walter Sobchak (John Goodman) fai por quedar co rescate completo. Julianne Moore, Steve Buscemi e John Turturro tamén son protagonistas no filme, xunto con Philip Seymour Hoffman, David Huddleston e Tara Reid en papeis secundarios. O filme ten unha narración no comezo e cara ao final realizada por un vaqueiro coñecido soamente como "The Stranger", interpretado por Sam Elliott.
Está vagamente inspirado na obra de Raymond Chandler. Joel Coen declarou: "Queriamos facer unha especie de historia de Chandler - segundo como se move de forma episódica, e como trata sobre os personaxes que intentan desvelar un misterio, así como ter unha trama irremediablemente complexa que é, en definitiva pouco importante."[1] A banda sonora orixinal foi composta por Carter Burwell, un colaborador habitual dos Irmáns Coen.
A recadación de O gran Lebowski foi decepcionante nos Estados Unidos, e recibiu críticas diversas na súa estrea. Co tempo, os comentarios do filme tenderon a ser positivos, e ó cabo converteuse nun filme de culto,[2] caracterizado polos seus idiosincráticos personaxes, as secuencias de soños, o diálogo pouco convencional e a banda sonora ecléctica.[3]
Estreouse en galego o 8 de novembro de 2003 a través da TVG.[4] A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Remove ads
Sinopse
The Dude (Jeff Bridges), un vago que vive na cidade dos Ánxeles, un día é confundido por un par de matóns co millonario Jeff Lebowski, con quen só comparte apelido. Tras recibir unha malleira, inicia a busca do Gran Lebowski. Do seu encontro xurdirá un trato: The Dude recibirá unha recompensa se consegue atopar á muller do magnate.
Personaxes
- Jeff Bridges como Jeff "The Dude" Lebowski ("O pixa" na versión en galego)[5]
- John Goodman como Walter Sobchak
- Steve Buscemi como Theodore Donald "Donny" Kerabatsos
- David Huddleston como Jeffrey Lebowski, o "gran" Lebowski
- Julianne Moore como Maude Lebowski
- Tara Reid como Bunny Lebowski
- Philip Seymour Hoffman como Brandt
- Sam Elliott como O estraño, o narrador
- Ben Gazzara como Jackie Treehorn
- Peter Stormare, Torsten Voges, e Michael "Flea" Balzary como o grupo de nihilistas
- John Turturro como Jesus Quintana
- Jon Polito como Da Fino
- David Thewlis como Knox Harrington
- Mark Pellegrino como Matón loiro de Treehorn
- Jimmie Dale Gilmore como Smokey
- Jack Kehler como Marty
- Leon Russom como Kohl
- Asia Carrera (sen creditar) como a actriz que coprotagoniza con Bunny o filme pornográfico "Logjammin"
Remove ads
Música
Entre as cancións que soan na película, están unha versión feita por Gipsy Kings do tema de The Eagles "Hotel California".
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads