Ohrid

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ohridmap
Remove ads

Ohrid (en macedonio: Охрид) é unha cidade de Macedonia do Norte, sede do concello de Ohrid. É a principal cidade situada no lago de Ohrid e con algo máis de 42.000 habitantes en 2002 a oitava cidade do país. Ohrid é coñecida por chegar a ter no pasado 365 igrexas, unha para cada día do ano, denominándose a "Xerusalén de Macedonia".[1][2] A cidade está chea de casas pintorescas e monumentos e o turismo é unha das principais riquezas da localidade. En 1979 e en 1980, Ohrid e o lago de Ohrid entraron na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO, e Ohrid é un dos 28 lugares que están inscritos á vez no eido cultural e no natural.[3] Segundo o censo de 2002 [4] a maioría da poboación da localidade é de etnia macedonia 33.791 (80,4%), seguida da albanesa 2.959 (7%) e turca 2.256 (5,4%); predominando tamén a lingua macedonia 34.910 (83,1%), seguinda da albanesa 3.957 (9,4%) e turca 2.226 (5,3%). En canto á relixión é amplamente maioritaria a ortodoxa 33.987 (80,9%) seguida da islámica 7.599 (18,1%).

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads