Oleaceae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Oleaceae, as Oleáceas, son unha familia de plantas pertencente á orde Lamiales. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídos arbustos, árbores e rubideiras. Caracterízase polas follas opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúen cáliz e corola con catro lóbulos.
Remove ads
Descrición
Son árbores, arbustos ou rubideiras leñosas; plantas hermafroditas, andromonoicas ou dioicas. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, sen estípulas. Inflorescencias terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, flores actinomorfas; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unha drupa, baga, cápsula ou sámara, a miúdo cunha semente.[3]
Remove ads
Usos
Moios dos membros desta familia son economicamente importantes, como a oliveira, polos seus froitos (as olivas) e o aceite que se extrae deles. Os freixos (árbores do xénero Fraxinus) son valiosos pola súa madeira e as Forsythias, lilas, xasmíns e Chionanthus valóranse coma plantas paisaxísticas.
Taxonomía
Oleaceae foi descrita por Hoffmanns. & Link e publicado en Flore portugaise ou description de toutes les ... 1: 62. 1809.[3] O xénero tipo é: Olea L.
Xéneros
Lista de xéneros e sinónimos relacionados por orde alfabética segundo APWeb:[4]
|
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads