Olivella

From Wikipedia, the free encyclopedia

Olivellamap
Remove ads

Olivella é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Garraf.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

O primeiro pequeno núcleo habitado de Olivella xurdiu do Castell Vell cara ao ano 992, no monte do Puig Molí. A súa poboación vivía da agricultura de secaño.

Logo destes inicios houbo unha diminución da poboación polo mal funcionamento das colleitas e a devastación pola peste negra.

A partir do século XIV a poboación volveu medrar e foise consolidando pola aparición de diferentes masías preto da vila: Can Suriol, les Piques del Masseguer, Mas Liona, Mas Bargalló, la Crivillera, Can Grau, la Masia del Rector e Can Martí.

Actualmente o municipio compóñeno gran parte destas masías, que aínda se conservan, o núcleo urbano, onde está o concello e a Igrexa Nova, e as urbanizacións, que concentran a maioría da poboación.

Remove ads

Demografía

O municipio está formado pola vila de Olivella (313 hab.) e as urbanizacións de Can Surià, Les Colines, Mas Guineu, Mas Mestre, Mas Milà e Plana Novella (3.027 hab). Ademais a histórico poboación de Jafre atópase abandonada.

Evolución demográfica
1900193019501970198119862008
3502331821151112003.123

Lugares de interese

Thumb
Mosteiro budista de Olivella

No concello atopamos o Palau Novella, coñecido tamén como Mosteiro budista do Garraf, unha antiga casa convertida actualmente en mosteiro budista –Sakya Tashi Ling. Atópase na urbanización de Plana Novella, no Parque Natural do Garraf.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads