Olympic Airlines

From Wikipedia, the free encyclopedia

Olympic Airlines
Remove ads

Olympic Airlines - Liñas Aéreas de Grecia foi a compañía de bandeira de Grecia até setembro de 2009.

Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...
Remove ads

Historia e características

A súa base principal atopábase no Aeroporto Internacional de Atenas, con bases secundarias no Aeroporto Internacional de Tesalónica, así como na illa de Rodas. Nos seus últimos anos, Olympic operaba unha rede de 11 destinos intercontinentais, 22 europeos e 34 domésticos. A compañía contaba, a data de decembro de 2007 con 8.500 empregados.

Olympic Airlines era membro de IATA e obtivo o certificado IOSA (IATA Operational Safety Audit) que certifica a seguridade nas operacións da compañía.

O 6 de marzo de 2009, o Estado grego anunciou que chegara a un acordo para vender a compañía ao fondo de investimento grego Marfin Investment Group, pondo fin a 30 anos de participación estatal. O 29 de setembro de 2009 cesou as súas operacións e a maior parte dos seus voos e a nova compañía Olympic Air empezou a operar. O 31 de decembro de 2009 cesou todos os seus voos.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads