Bombardier Dash 8

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bombardier Dash 8
Remove ads

A Bombardier Dash 8 ou Q-Series, anteriormente coñecida como de Havilland Canada Dash 8 ou DHC-8, é unha serie de bimotores turbohélice de alcance medio. Introducidos por de Havilland Canada (DHC) en 1984, na actualidade están producidos por Bombardier Aerospace. Ao redor de 1.000 Dash 8 de todos os modelos foron fabricados, e Bombardier ten previsto producir 1.192 avións de todas as variantes ata o ano 2016.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

O Dash 8 desenvolveuse a partir do de Havilland Canada Dash 7, que tiña capacidades STOL (engalaxes e aterraxes moi curtas). Co Dash 8, DHC centrouse en mellorar as capacidades de cruceiro e baixar os custos operacionais. O motor elixido foi o Pratt & Whitney Canada PW100. O avión foi entregado en catro series. A Serie 100 ten unha capacidade máxima de 39 pasaxeiros, a 200 leva os mesmo asentos pero ofrece motores máis potentes, a Serie 300 é unha versión alongada para 50 asentos, e a 400 está máis alongada para levar 78 pasaxeiros. Os modelos entregados a partir de 1997 teñen supresión de ruído na cabina e foron designados co prefixo "Q". A produción da serie 100 rematou en 2005, e a da Q200 e Q300 en 2009. Bombardier está considerando lanzar unha variante alongada do Q400.

Producíranse uns 1 249 exemplares en xuño de 2018.[1]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads