Omar Hasan Ahmad al-Bashir

político sudanés From Wikipedia, the free encyclopedia

Omar Hasan Ahmad al-Bashir
Remove ads

Omar Hasan Ahmad al-Bashir (en árabe: عمر حسن أحمد البشير), nado o 1 de xaneiro de 1944, é o Presidente do Sudán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nado na pequena vila de Hosh Bonnaga, al-Bashir entrou no exército sudanés moi novo e estudou nunha academia militar do Cairo. Serviu no exército exipcio durante a guerra con Israel de 1973. Á súa volta ao Sudán, al-Bashir estivo ao mando das operacións militares contra do Exército Popular de Liberación do Sudán na metade sur do país. Acadou o xeneralato nos anos oitenta, e estivo á fronte do golpe militar de 1989 contra o presidente Sadeq al-Mahdi. Al-Bashir suprimiu todos os partidos políticos, censurou a prensa e disolveu o Parlamento, converténdose en Director do Consello Revolucionario para a Salvación Nacional, asumindo o posto de xefe de estado, primeiro ministro, xefe das forzas armadas e ministro de defensa.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads