Ons (filme)
filme de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ons é un filme dramático galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito por Zarauza e Jaione Camborda. É unha longametraxe galega con participación portuguesa[1] rodada en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ons.
A película levouse a cabo a través dunha coprodución entre Galicia e Portugal na que participaron a produtora galega Maruxiña Film Company e a portuguesa Bando à Parte. Tamén tivo participación tanto a Televisión de Galicia (TVG) coma a Rádio e Televisão de Portugal (RTP), xunto cunha subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Remove ads
Sinopse
Tras unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa esposa Mariña a unha remota illa do Atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio.
A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
Remove ads
Personaxes
Remove ads
Estrea
Difusión
Ons estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020, mais a súa estrea nas salas comerciais produciuse un mes máis tarde, a partir do 18 de decembro de 2020.[2] Á súa vez, competiu na sección de nova creación “Special Screen”, onde disputou un premio dotado con 10.000 euros contra catorce longametraxes de países coma o Reino Unido, Francia, Dinamarca ou Bélxica. Outros festivais onde Ons estivo presente foron o Márgenes de Madrid e o festival de Cineuropa.
En canto ás plataformas de streaming, Ons foi o primeiro filme en estar só e integramente en galego e sen dobraxes nas plataformas de Netflix, Filmin e HBO, mais contan con subtítulos ao castelán
Acollida
O filme Ons (2020) foi recibido polo crítico Sergio F. Pinilla en Cinemanía con catro estrelas sobre cinco.[3]
Nos Premios Mestre Mateo, Ons alzouse con nove premios dos trece ao que estaba nomeado: mellor película, mellor dirección de fotografía a Alberte Branco, mellor dirección de produción a Tamara Soto, mellor guión a Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, mellor montaxe a Fernando Alfonsín, mellor son a Sérgio Silva e David Manchado, e mellor interpretación a Melania Cruz, a Antonio Durán “Morris” e a Marta Lado.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads