Operación E
filme de 2012 dirixido por Miguel Courtois From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Operación E é un filme franco-galego dirixido por Miguel Courtois Paternina que se estreou no 2012. É unha produción de ZircoZine, Tormenta Films e A.J.Ou.Z. Films (Francia), co apoio de TVE e Canal + Francia e a distribución de DeAPlaneta en España e a nivel internacional e de EuropaCorp en Francia. É a primeira produción internacional da produtora galega independente ZircoZine, e foi rodada en Colombia. Está protagonizado por Luís Tosar, que interpreta o campesiño colombiano José Crisanto e Martina García no papel de Liliana, a súa muller.
A historia do filme está baseada en feitos reais, na operación humanitaria coñecida como Operación Emmanuel (2007-2008), que consistiu no rescate de Clara Rojas, o seu fillo Emmanuel, que naceu en cativerio, e Consuelo González de Perdomo, os cales permaneceron máis de seis anos en poder das FARC nas selvas colombianas.
Remove ads
Sinopse
Unha muller secuestrada polas FARC dá a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o bebé á súa nai e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, os seus cinco fillos e o seu sogro, un curandeiro indíxena. Crisanto deberá facerse cargo do neno baixo ameaza de morte, pero o pequeno está gravemente enfermo. Toda a familia trata de salvarlle a vida, que é tamén a súa. A súa loita sen descanso levaralles río abaixo sorteando toda clase de adversidades, descoñecendo que se esconde tras o interese da guerrilla polo pequeno.
Remove ads
Personaxes
- Luís Tosar como José Crisanto
- Martina García como Liliana
- Gilberto Ramírez como Don Ramoncito
- Francisco Pérez como Jerónimo
- Eileen Moreno como Solangie
- Juan Carlos Contreras como Fiscal Xeral
- Elkin Correa como Xeneral
- Jaime Correa como Guerrilleiro Maestro
- Hedras Urrego como Camareiro do asador
- Sigifredo Vega como Miguel
- Farruco Castromán como Dr. Rocha
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads