Luís Tosar
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.[1]
- Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.
Remove ads
Traxectoria

Comeza no campo da curtametraxe. Aparece no videoclip da canción "Os Ghalisáns" do grupo Korosi Dansas, emitido no Xabarín Club[2]. Acadou sona tras a súa aparición na serie Mareas vivas, emitida na Televisión de Galicia entre 1999 e 2003, que deu fama aos seus protagonistas.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Elenco no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Cela 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie Miami Vice dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.
Alén da súa faceta no mundo do cine, Luís Tosar é membro do trío cómico "The Magical Brothers" (con César Goldi e Piti Sanz). É integrante do grupo musical Di Elas, que lidera xunto con Piti Sanz. O 29 de marzo de 2011 publicaron o seu primeiro disco de nome homónimo.
Remove ads
Política
Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do petroleiro Prestige (13 de novembro de 2002), da que posteriormente se distanciaría directamente ó considerala politizada.[3]
Foi militante do BNG, participando nas listas da coalición Galeusca-Pobos de Europa en representación do BNG nas eleccións europeas de 2004 e nas municipais de 2007 por Castro de Rei.[4]
Remove ads
Filmografía
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actor
Remove ads
Teatro
- A ópera dos tres reás (2011), de Bertolt Brecht e Kurt Weill, co Centro Dramático Galego.
Premios
Premios Goya
Unión de Actores
Fotogramas de Prata
Festival Internacional de Cine de Donostia
Festival Internacional de Cine de Mar del Plata
Premios Mestre Mateo
Premios María Casares
Festival Internacional de Cine de Miami
Festival Internacional de Cine de Seattle
Premio Xarmenta
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads