Operación Triunfo 2018
tempada dun concurso de televisión From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.
Remove ads
Desenvolvemento
O 7 de febreiro de 2018, anunciouse que RTVE renovaría Operación Triunfo no seu Consello de Administración de marzo para unha nova edición en outono.[1] Finalmente, foi o 28 de febreiro cando o Consello de Administración de RTVE aprobaba por unanimidade a renovación do programa de Gestmusic por unha décima edición, que chegaría en setembro do mesmo ano.[2] A décima edición do programa conta cun total de 14 galas, que no seu conxunto supoñen un custo de 11 millóns de euros, nos que van incluídos os custos da canle 24 horas e os resumos diarios, entre outros gastos alleos ás galas en directo.[3] Así mesmo, o concurso volve servir como preselección de España para o Festival de Eurovisión 2019, feito que se confirmou o 14 de setembro, durante a rolda de prensa na que se presentou a edición, e que, ademais, contemplaban as bases do concurso.[4]
Instalacións
Un ano máis, os estudos do Parc Audiovisual de Catalunya, situados en Terrassa, acollen tanto o estudo como a academia. As instalacións, que ocupan 2.200 metros cadrados, contan cun edificio de tres plantas, utilizado como academia e un renovado estudo de grandes dimensións e de alta tecnoloxía que dobra tanto o tamaño como a capacidade do seu antecesor en 2017, contando con case 1.000 espectadores de público.[5]
Seleccións
O 14 de maio anunciáronse as cidades que acolleron as seleccións.[6] A novidade das seleccións desta edición foron os #OTCover, que consistiu en que as mellores actuacións subidas ás redes sociais baixo ese mesmo hashtag gañaron un pase directo para evitar as colas de espera.[7] En total, 16 769 persoas presentáronse ás probas de selección.[8]
Data | Lugar | Asistentes | Pases á segunda fase |
30 de maio de 2018 | Explanada olímpica do Palau Sant Jordi (Barcelona) | 2 504 persoas | 107 |
4 de xuño de 2018 | Porto de Alacant (Alacant) | 1 200 persoas | 42 |
7 de xuño de 2018 | Porto de Valencia (Valencia) | 2 075 persoas | 65 |
12 de xuño de 2018 | Palau de Congressos do Poble Espanyol (Palma) | 525 persoas | 18 |
18 de xuño de 2018 | Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal (Donostia) | 950 persoas | 27 |
21 de xuño de 2018 | Museo do Mar de Galicia (Vigo) | 890 persoas | 31 |
26 de xuño de 2018 | Auditorio de Tenerife (Tenerife) | 600 persoas | 34 |
2 de xullo de 2018 | Palacio de Ferias y Congresos de Málaga (Málaga) | 1 850 persoas | 72 |
5 de xullo de 2018 | Fibes (Sevilla) | 2 145 persoas | 61 |
10 de xullo de 2018 | Universidade Politécnica de Madrid (Madrid) | 3 460 persoas | 107 |
A fase final do casting deu comezo o 28 de agosto no Parc Audiovisual de Catalunya, en Terrassa, e prolongouse durante tres días.[9]
Remove ads
Equipo
Presentadores
Igual que na edición anterior, Roberto Leal é o encargado de presentar as galas. Ademais, Noemí Galera e Ricky Merino ocúpanse de presentar "El chat".
Profesores
O claustro da academia está formado por:[10]
- Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
- Manu Guix, director musical.
- Vicky Gómez, coreógrafa.
- Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
- Joan Carles Capdevila, coach vocal.
- Laura Andrés, coach vocal.
- Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de interpretación (día 43 a 91).
- Itziar Castro, profesora de interpretación (día 1 a 42).
- Miqui Puig, profesor de Cultura musical.
- Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
- Xuan Lan, profesora de ioga.
- Magali Dalix e Gotzon Mantuliz, profesores de Forma física e vida sa.
- Rubén Salvador, profesor de Bailes de salón.
- Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
- Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
- Chris Nash, profesor de Inglés.
- Ana Amengual, profesora de Dietética.
Profesores anteriores
O 31 de outubro de 2018, por primeira vez na historia do programa, Gestmusic, en consenso co equipo encargado de RTVE, tomou a decisión unilateral de prescindir de Itziar Castro como profesora de interpretación, por "non conseguir os obxectivos esperados na súa área, onde o traballo cos concursantes non deu o resultado esperado nas Galas". Así pois, a participación de Castro na academia finalizou durante a sexta semana de concurso, abandonando o seu posto tras a gala do mércores.[11]
Xurado
- Manuel Martos, produtor executivo de Universal Music.
- Joe Pérez-Orive, director de mercadotecnia de Live Nation.
- Ana Torroja, cantante, exvocalista de Mecano.
Ao mesmo tempo, en cada gala cóntase cun cuarto xurado invitado:
- Tony Aguilar (Gala 1)
- Julia Gómez Cora (Gala 2)
- Rosana (Gala 2): en substitución de Ana Torroja
- Wally Lopez (Gala 3)
- David Otero (Gala 4)
- Javier Llano (Gala 5)
- Carlos Jean (Gala 6)
- Brisa Fenoy (Gala 7)
- Ruth Lorenzo (Gala 8)
- Pastora Soler (Gala 9)
- Paco Tomás (Gala 10)
- Ana Belén (Gala 11): en substitución de Ana Torroja
Remove ads
Emisión
- Galas:
- Chats:
- Ao finalizar as galas en directo (01:15) en La 1 e TVE Internacional.
- Outros contidos:
Concursantes
Remove ads
Estatísticas semanais
Votacións dos concursantes
Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.
- Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
- Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
- Concursante expulsado/a.
Expulsións
O público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a é o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa.
- Gala 0: Carlos Right (42%) / Rodrigo (37%) / Luis (21%).
- Gala 2: Sabela (78,8) / Alfonso (21,2%).
- Gala 3: Dave (80%) / África (20%).
- Gala 4: Damion (65%) / Joan Garrido (35%).
- Gala 5: Carlos Right (62%) / Dave (38%).
- Gala 6: Marta (59%) / Damion (41%).
- Gala 7: Marilia (50,2%) / Noelia (49,8%).
- Gala 8: Marilia (57%) / Carlos Right (43%).
- Gala 9: Marta (53%) / Marilia (47%).
- Gala 10: Marta (57%) / María (43%).
- Gala 11: Sabela (64%) / Marta (36%).
- Gala 12: Sabela (43%) / Julia (37%) / Miki (20%).
Remove ads
Audiencias
Estas son as audiencias que obtivo o programa Operación Triunfo 2018.
Galas
Programas especiais
- Líder da noite.
- Récord de audiencia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads