Operación Triunfo 2017

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Operación Triunfo 2017 é a novena edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España, a cal volve emitirse na 1 tras 16 anos dende a súa primeira emisión. O programa estreouse líder de audiencia, conseguindo un 19% de cota de pantalla en horario de máxima audiencia. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia. O seu récord de tempada produciuse na décima gala, anotando un 19,5% de cota con máis de 2,6 millóns de espectadores.

Os finalistas Amaia Romero e Alfred García foron elixidos representantes de España no Festival de Eurovisión 2018, nunha gala celebrada o 29 de xaneiro. O 5 de febreiro Amaia Romero coroouse gañadora cun 46% dos votos. Aitana Ocaña foi segunda e a galega Miriam Rodríguez Gallego, terceira; Alfred, cuarto e o quinto posto foi para Ana Guerra.

Remove ads

Produción

Tras varios rumores e despois do éxito obtido por OT: O Reencontro, o 26 de abril de 2017, e tras 13 anos da súa última emisión na 1 de TVE, a súa directora de contidos confirmou que o programa regresaría, cunha novena edición que contará con catorce galas, unha por semana. Incluíndo os castings e un resumo de 25 minutos das actividades na academia.​

Poderase votar de balde a través da app, votos que se sumarán aos tradicionais feitos co teléfono.

Remove ads

Instalacións

Os estudos do Parque Audiovisual de Cataluña, situados en Terrasa, acolleron tanto o estudio de gravación como a academia. As instalacións, que ocupaban 2 200 metros cadrados, contaban cun edificio de tres plantas e un estudio de gravación de grandes dimensións.

O equipo

O 30 de agosto de 2017 anunciouse que Roberto Leal sería o encargado de conducir a nova edición de Operación Triunfo.

O claustro da academia está formado por:​

  • Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
  • Manu Guix, director musical.
  • Vicky Gómez, coreógrafa.
  • Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
  • Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de Interpretación.
  • Joan Carles Capdevila, coach vocal e responsable do repertorio musical.
  • Laura Andrés, coach vocal.
  • Ana Amengual, profesora de Dietética.
  • Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
  • Chris Nash, profesor de Inglés.
  • Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
  • Guille Milkyway, profesor de Cultura musical.
  • Magali Dalix, profesora de Fitness.
  • Pol Chamorro, profesor de Bailes de salón.
  • Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
  • Xuan Lan, profesora de Ioga.
  • Mónica Touron, profesora de medios de comunicación.

Nesta edición decidiuse que existisen tres xurados fixos e un cuarto xurado invitado por gala.​

  • Mónica Naranjo: Cantante e compositora.
  • Manuel Martos: Produtor executivo de Universal Music.
  • Joe Pérez-Orive: Director de mercadotecnia de Live Nation.

Emisión

As galas emitíanse na primeira cadea da Televisión Española, é dicir, La 1, mais tamén na TVE Internacional asemade, ás 22:35 da noite dos luns. As galas volvían a ser emitidas nos sábados das súas respectivas semanas, ás 10:30 en La 1 e ás 22:55 en Clan.

Ao rematar cada gala, comezaba, nas canles La 1 e TVE Internacional, «El Chat de OT» ás 01:30 da mañá.

Nesta edición engadiuse, na canle oficial de Operación Triunfo en YouTube e na plataforma de pago Sky España, a novidade do 24h. Grazas a isto, os espectadores podían ver o que ocorría dentro da academia dende as 08:30 da mañá ata as 23:00 da noite.

Remove ads

Concursantes

Cepeda Galicia

Cepeda foi o oitavo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « Say You Won't Let Go », de James Arthur. Ao final da Gala 9, o público decidiu, cun 73% dos votos, que Cepeda debía abandonar a academia.

O primeiro sinxelo de Cepeda, titulado « Esta vez », publicouse o 1 de xuño e debutou no número 1 na lista oficial de vendas española, sendo desta maneira o primeiro concursante masculino en conseguilo.

Raoul Cataluña

Raoul foi o sétimo expulsado da edición trala súa actuación na que interpretou « Every Breath You Take », de The Police. Ao final da Gala 8, o público decidiu, cun 54% dos votos, que Raoul debía abandonar a academia.

O 19 de xuño do 2019, publicou o seu primeiro sinxelo en solitario, chamado «Estaré ahí». A canción trátase dunha balada baseada en experiencias persoais do artista. O videoclip acadou máis de 200 000 visualizacións en YouTube ao longo do primeiro día do lanzamento e o sinxelo chegou a estar no posto 1 en todas as plataformas de venda dixitais.

Mireya Bravo Andalucía

Mireya Bravo foi a sexta expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou « Ni un paso atrás », de Malú. Ao final da Gala 7, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mireya debía abandonar a academia.

O 22 de xuño do 2018, Mireya publicou « Tu Reflejo », o seu álbum debut. Ese mesmo día tamén lanzou o seu primeiro sinxelo, chamado « Corazón vendío », que está incluído no disco. « Tu reflejo » debutou na posición número 2 das listas de vendas de álbums españois.

Ricky Merino Illas Baleares

Ricky Merino foi o quinto expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « Let Me Entertain You », de Robbie Williams. Ao final da Gala 6, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Ricky debía abandonar a academia.

O 26 de novembro do 2018, Ricky estreou o seu primeiro sinxelo « Miénteme », adaptación ao castelán de « Lie To Me », tema que compuxo antes de entrar no concurso. O sinxelo debutou no número 1 das listas de vendas das plataformas dixitais en España. O videoclip da canción, porén, foi censurado en YouTube aos tres días do lanzamento polo seu contido sexual, séndolle aplicado unha restrición de idade por parte de dita plataforma.[1]

Marina Andalucía

Marina foi a cuarta expulsada da edición trala súa actuación na que interpretou « The Voice Within », de Christina Aguilera. Ao final da Gala 5, o público decidiu, cun 63% dos votos, que Marina debía abandonar a academia.

O 21 de setembro do 2018, baixo o nome de Marina Jade, lanzou o seu primeiro sinxelo titulado « Drinking Like I'm Sober », composto por Ruth Lorenzo.[2] Marina foi a primeira dos concursantes en sacar unha canción en inglés, que debutou na posición 99 de cancións máis vendidas en España e acadou máis de 450 000 visualizacións en menos de 48 horas na plataforma de YouTube.

Thalía Garrido Estremadura

Thalía Garrido foi a terceira expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou « Cenizas », de Malú. Ao final da Gala 4, o público decidiu, cun 69% dos votos, que Thalía debía abandonar a academia.

En outubro de 2018, cando se estaba por cumprir o aniversario da súa saída do concurso, Thalía era unha das poucas concursantes da edición que aínda non publicara o seu primeiro traballo. Xusto no momento no que a artista proxectaba sacar o seu primeiro sinxelo, as súas redes sufriron o ataque dun hacker turco que, amais de xerar moitas bromas e memes, estivo a punto de rematar coa paciencia da cantante.

Finalmente, Thalía recuperou as súas contas e puido anunciar o seu primeiro sinxelo, « Quien Quiero Ser », que debutaría no mercado musical o 23 de novembro do 2018.

Juan Antonio

Juan Antonio foi o segundo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou « A puro dolor », de Son By Four. Ao final da Gala 3, o público decidiu, cun 91% dos votos, que Juan Antonio debía abandonar a academia.

O 7 de setembro do 2018, Juan Antonio publicou o seu primeiro sinxelo chamado « No te echo de menos », que se situou no número 1 de iTunes e conseguiu obter máis de 800 000 visualizacións en YouTube en menos dun mes.

Mimi Andalucía

Mimi, agora máis coñecida como Lola Índigo, foi a primeira expulsada da edición, logo da súa actuación na que interpretou « A-Yo », de Lady Gaga. Ao final da Gala 2, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mimi debía abandonar a academia.

O 20 de xullo do 2018, xa baixo o pseudónimo de Lola Índigo, lanzou o seu primeiro sinxelo « Ya no quiero ná », o cal debutou no número 3 na lista oficial de vendas española, conseguindo vender máis de 80 000 copias e sendo certificado como dobre Disco de Platino. Amais, o videoclip acadou o millón de visualizacións en 24 horas.

Remove ads

Estatísticas semanais

Favorito da semana

Durante a semana o público podía votar ao seu concursante favorito a través da aplicación oficial. A persoa que era pregoada « favorito/a da semana » tiña o privilexio de librarse do xuízo do xurado, é dicir, asegurábase a súa estadía na academia polo menos dúas semanas máis.

Os concursantes nomeados non podían ser candidatos a « favorito/a da semana », xa que só se enfrontaban á votación de expulsión.

Máis información Gala 1, Gala 2 ...
  •      Concursante favorito/a da semana.
  •      Concursante candidato/a a favorito/a da semana.
  •      Concursante nomeado/a.
  •      Concursante expulsado/a.

Votacións dos concursantes

Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.

Máis información Gala 1, Gala 2 ...
  •      Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
  •      Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
  •      Concursante expulsado/a.

Expulsións

O público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a era o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa:

  • Thumb
    Algúns dos concursantes de OT 2017 na gala dos Premios Forqué 2018.
    Gala 0: Mimi (45%) / João (39%) / Mario (16%).
  • Gala 2: Ricky (53%) / Mimi (47%).
  • Gala 3: Roi (91%) / Juan Antonio (9%).
  • Gala 4: Cepeda (69%) / Thalía (31%).
  • Gala 5: Mireya (63%) / Marina (37%).
  • Gala 6: Cepeda (53%) / Ricky (47%).
  • Gala 7: Cepeda (53%) / Mireya (47%).
  • Gala 8: Cepeda (54%) / Raoul (46%).
  • Gala 9: Roi (73%) / Cepeda (27%).
  • Gala 10: Agoney (53%) / Nerea (47%).
  • Gala 11: Ana Guerra (51%) / Roi (49%).
  • Gala 12: Ana Guerra (50,3%) / Agoney (49,7%).

Puntuacións do xurado na Gala 11

Máis información Concursante, Xurado ...
Remove ads

Galas

Operación Triunfo 2017 contou con catorce galas normais e tres galas especiais. Logo de anunciar, en cada gala, o nome do concursante expulsado, sinalábanse aos tres concursantes con máis votos durante esa semana, e o que posuíse o maior número era pregoado favorito. Este era sempre o primeiro en cruzar a pasarela e non podía ser nomeado. Ao final da noite, dous novos concursantes eran propostos para abandonar a academia.

Gala 0 - Luns, 23 de outubro do 2017

Máis información N.º, Canción ...

Gala 1 - Luns, 30 de outubro do 2017

Máis información N.º, Canción ...

Gala 2 - Luns, 6 de novembro do 2017

  • Actuación grupal: «Te quiero» (José Luis Perales).
  • Artistas convidados: Morat («Yo contigo, tú conmigo») con Cepeda.
  • Xurado convidado: Wally López.
Máis información N.º, Canción ...
Máis información N.º, Canción ...

Gala 3 - Luns, 13 de novembro do 2017

  • Actuación grupal: «I'm Still Standing» (Elton John).
  • Artistas convidados: Blas Cantó («In Your Bed») e India Martínez («Aguasanta»).
  • Xurado convidado: Julia Gómez Cora.
Máis información N.º, Canción ...
Máis información N.º, Canción ...

Gala 4 - Luns, 20 de novembro do 2017

Máis información N.º, Canción ...
Máis información N.º, Canción ...

Gala 5 - Luns, 27 de novembro do 2017

  • Actuación grupal: «La revolución sexual» (La Casa Azul).
  • Artistas convidados: Romeo Santos («Imitadora») e Beatriz Luengo («Más que suerte») con Agoney.
  • Xurado convidado: Tony Aguilar.
Máis información N.º, Canción ...
Máis información N.º, Canción ...
Remove ads

Concursantes

Máis información N.º, Concursante ...

Aspirantes eliminados na Gala 0

17Joao Henrique21 anosMadrid
18Mario Ortiz21 anosMadrid
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads