Orbiting Vehicle 2

From Wikipedia, the free encyclopedia

Orbiting Vehicle 2
Remove ads

Orbiting Vehicle 2 ou OV2 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1965 e 1968.[1][2]

Thumb
Maqueda de OV2 5.

Características

Os satélites OV2 eran pequenos satélites de investigación construídos en primeiro lugar para o programa ARENTS (Advanced Research Environmental Test Satellite), creado á súa vez para apoiar o programa Vela. O programa ARENTS cancelouse pero os satélites e instrumentos xa construídos pasaron a formar parte do programa OV2. Os satélites OV2 serían lanzados a bordo de foguetes Titan 3C de proba. Os OV2 2 e OV2 4 foron cancelados, mentres que dos tres restantes só o último chegaría a órbita.[1][2]

Remove ads

Misións

  • OV2 1: proba dun motor de propelente sólido e estudo de campos, plasma e campo magnético.
  • OV2 2: sensores ópticos. Cancelado.
  • OV2 3: experimentos solares. Lanzamento fallado.
  • OV2 4: medicións ópticas desde unha órbita transluar. Cancelado.
  • OV2 5: levaba detectores de centeleo, unha copa de Faraday, unha trampa esférica de ións, dous analizadores electrostáticos, un magnetómetro, un receptor de VLF, unha baliza e un fotómetro ultravioleta para a liña Lyman alfa.
Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Misión, Data de lanzamento ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads