Organigrama
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un organigrama é a representación gráfica da estrutura dunha empresa ou organización ou a representación esquemática da organización ou das operacións sucesivas dunha tarefa ou dun proceso industrial ou informático.[1]
Organigrama informático

En termos de programación informática, un organigrama ou organigrama lóxico[2] é unha estrutura gráfica que define a sucesión de eventos, opcións e accións polas que pasará o código para chegar a unha ou outra opción que o usuario da aplicación quere que se execute.
Terminoloxía
A orixe do termo, tanto para a acepción empresarial como para a informática, é organigramme, do francés organiser 'organizar' e -gramme '-grama', á súa vez do grego γράμμα (escrito, letra).
A mesma acepción é recollida en portugués[3], onde tamén existen as variantes ordinogama e organograma[4] e fluxograma[5], e en castelán.[6][7]
No eido informático tamén se emprega o termo diagrama de fluxo.[8]
Remove ads
Organigrama de organización ou de empresa
Representa as estruturas departamentais e, nalgúns casos, as persoas que as dirixen, compoñendo un esquema sobre as relacións xerárquicas e competenciais na organización.
O organigrama é un modelo abstracto e sistemático, coa función de ser unha idea uniforme da estrutura formal dunha organización. Debe conter os elementos indispensábeis e ser sinxelo de utilizar.
Clases de organigramas de empresa

Pola finalidade
- Informativos: só amosa os grandes departamentos da empresa.
- De análise: reflicte grandes e pequenos departamentos.
Pola extensión
- Xerais: representan todos os departamentos da empresa.
- De detalle: representan só un departamento en concreto.
Polo contido
- Estrutural: toda a estrutura da empresa.
- Funcional: o contido do departamento.
- De persoal: representan as persoas que dirixen.
Pola forma
- Vertical: mostra as xerarquías seguindo unha pirámide, de arriba cara a abaixo.
- Horizontal: mostra as xerarquías de esquerda a dereita.
- Mixto: é unha combinación entre os dous anteriores.
- Circular: a autoridade máxima está no centro, formándose arredor círculos concéntricos onde se poñen os xefes inmediatos.
- Escalar: empréganse sangrías para sinalar a autoridade, canto maior é a sangría, menor é a autoridade dese cargo.
- Tabular: é igual que o escalar, só que mentres que o escalar leva liñas que unen os mandos de autoridade, o tabular non.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads