Organización Mundial da Propiedade Intelectual
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) é un organismo especializado dependente do sistema das Nacións Unidas, creado en 1967 coa sinatura do Convenio de Estocolmo. A OMPI está dedicada a fomentar o uso e a protección das obras do intelecto humano. Con sede en Xenebra (Suíza), a OMPI é un dos 16 organismos especializados do sistema de organizacións das Nacións Unidas. Ten ao seu cargo a administración de 24 tratados internacionais que abordan diversos aspectos da regulación da propiedade intelectual. A Organización ten 183 estados membros. O seu director xeral en 2010 era Francis Gurry, un avogado oriúndo de Australia.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web da OMPI (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads