Oromë
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Oromë é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É un dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien).
O seu nome quere dicir "Toque de corno" ou "Son de cornos"[1]. Tamén é coñecido como Araw na linga ficticia do Sindarin, Aldaron ("Señor das Árbores" en Quenya), Arum, Béma, Tauron ("Señor dos Bosques" en Sindarin), Arāmē, Araume, O Cazador dos Valar, e O Gran Xinete. É o irmán de Nessa e o esposo de Vána.
Durante os Anos das Árbores, cando a maioría dos Valar marcharon da Terra Media para se ocultar en Aman, Oromë seguiu a cazar de cando en vez nas fragas da Terra Media. Así, atopou os Elfos logo destes espertaren en Cuiviénen (aínda que Melkor, o Vala maligno, descubríraos antes ca el), e foi o primeiro en darlles o nome de Eldar. Foi tamén quen levou consigo a tres deles para Valinor. Sendo un poderoso cazador, desempeñou un papel activo nas loitas contra Melkor.
Posuía un grande corno (o Valaróma) e un grande cabalo (Nahar ou Nækhærra)[2]. Era célebre pola súa carraxe, a máis terríbel entre os Valar. Oromë é un dos Aratar, Os Altos de Arda, os oito Valar máis poderosos, o que significa que o seu poder é moito maior có doutros espíritos anxelicais como os Maiar, e mesmo có da súa esposa e o da súa irmá.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads