Ortro
can mitolóxico, de dúas cabezas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ortro ou Orto [1] era un can monstruoso, con dúas cabezas, irmán de Cérbero (este, de tres cabezas). Era fillo, como Cérbero, de Equidna e Tifón.
Uníndose á súa nai, Equidna, procreou á Esfinxe. Segundo Hesíodo, tiveron a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles) [2].
Remove ads
Morto por Heracles
Pertencía ó xigante Xerión, a quen llo dera Atlas, o seu primeiro dono. Servía como can de garda do pastor Euritión, que alindaba as afamadas vacas vermellas de Xerión na illa Eritia.
O décimo traballo que ordenou Euristeo a Heracles foi traerlle as as vacas vermellas de Xerión. Tras diversas aventuras chegou á illa Eritia. Ortro ventouno axiña e abalanzouse sobre el, pero Heracles matouno dun golpe da súa maza. Euritión acudiu a axudar ó can, pero tamén morreu ás mans de Heracles. Finalmente, matou a Xerión e roubou o gando, regresando a Grecia.
"Cando chegou a Eritía acampou no monte Abante; o can, en canto o sintiu, arremeteu contra el, pero Heracles golpeouno coa maza e deu morte ó boieiro Euritión, que acudira en auxilio do can".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 5, 10)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
