Os sete magníficos
filme de 1960 dirixido por John Sturges From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os sete magníficos (en inglés: The Magnificent Seven) é un filme estadounidense dirixido por John Sturges que se estreou en 1960. É un remake de estilo western baseado no filme de 1954 Os sete samurais, dirixido por Akira Kurosawa. Está protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn, Robert Vaughn, Brad Dexter e Horst Buchholz que interpretan a un grupo de pistoleiros contratados para protexer unha pequena vila agrícola de México duns bandidos liderados por Calvera (Eli Wallach). A banda sonora foi composta por Elmer Bernstein.
Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2009.[1]
Remove ads
Sinopse
Os humildes habitantes dunha pequena vila mexicana atópanse a mercé dunha desapiadada banda de foraxidos que constantemente lles esixen un pago polas súas colleitas. Como eles non saben defenderse, deciden contratar os servizos de sete pistoleiros, sete implacables mercenarios cada un cunha habilidade especial no manexo das armas.
Personaxes
- Yul Brynner como Chris Adams
- Eli Wallach como Calvera
- Steve McQueen como Vin
- Horst Buchholz como Chico
- Charles Bronson como Bernardo O'Reilly
- Robert Vaughn como Lee
- James Coburn como Britt
- Brad Dexter como Harry Luck
- Vladimir Sokoloff como Home vello
- Jorge Martínez de Hoyos como Hilario
- Rosenda Monteros como Petra
- Whit Bissell como Chamlee o enterrador
- Rico Alaniz como Sotero
- Natividad Vacío como Miguel
- Robert J. Wilke como Wallace
- Val Avery como Henry
- Bing Russell como Robert
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads