Premios Óscar

premio concedido pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas From Wikipedia, the free encyclopedia

Premios Óscar
Remove ads

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar,[1] son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS),[2] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[3]

Thumb
Alfombra vermella en Hollywood and Highland, en febreiro de 2009 (81ª cerimonia).

Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Remove ads

Cerimonia

Primeira cerimonia

Thumb
Primeira cerimonia dos oscars en 1929

Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.[4]

A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade.[5] Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.[6]

Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.[7]

Cerimonias

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.[8][9][10]

Máis información Cerimonia, Data ...
Remove ads

Principais premiados

Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:

Filme Ano Candidaturas Premios
Ben-Hur 1959 12 11
Titanic 1997 14 11
The Lord of the Rings: The Return of the King 2003 11 11
West Side Story 1961 11 10
Gigi 1958 9 9
O derradeiro emperador 1987 9 9
O paciente inglés 1996 12 9
Foise co vento 1939 13 8
De aquí á eternidade 1953 13 8
A lei do silencio 1954 12 8
My Fair Lady 1964 12 8
Cabaret 1972 10 8
Gandhi 1982 11 8
Amadeus 1984 11 8
Slumdog Millionaire 2009 10 8
Remove ads

Categorías ó mérito

Categorías actuais

No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.

Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).[14]

Categorías desaparecidas

Categorías propostas

O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:

  • Mellor casting: rexeitado en 1999
  • Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005;[15] rexeitado en 2011[16]
  • Mellor deseño de título: rexeitado en 1999.
Remove ads

Categorías especiais

Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.

Categorías especiais anuais

  • Óscar honorífico: dende 1929
  • Óscar científico e técnico: dende 1931
  • Óscar Gordon E. Sawyer: dende 1981
  • Premio Humanitario Jean Hersholt: dende 1956
  • Premio en memoria de Irving G. Thalberg: dende 1938

Categorías especiais desaparecidas

  • Óscar xuvenil: 1934 ata 1960
  • Óscar á contribución especial: 1972 ata 1995
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads