Ouessant

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ouessant
Remove ads

Ouessant en francés e oficialmente, Eusa en bretón, Ushant en inglés, é unha illa (enez en bretón) e comuna francesa situada a 20 km ao oeste da costa da rexión da Bretaña, que depende administrativamente do departamento de Finistère.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Atópase situada sobre a illa do mesmo nome, a 20 km da costa continental.

Remove ads

Xeneralidades

A illa apenas ten 1.000 habitantes, unha superficie de 15´58 km² e unha densidade de 59,8 hab./km². O seu punto máis elevado atópase a 61 m.

Xeografía

É a sétima illa máis grande de Francia. Mide 8 km de longo por 4 km de ancho. É a terra habitada máis occidental de Francia metropolitana.

Ten forma de pinza de caranguexo, pois ao Oeste a illa divídese en dúas puntas: a Punta de Pern e a Punta de Feuntenvelen, ao redor da Baía de Lampaul. Ao Leste o único lugar accesible por mar é a Baía do Stiff.

A illa está separada do Arquipélago de Molène polo Estreito de Fromveur, que presenta rápidas correntes mariñas puediendo chegar ata 10 nós de velocidade e 60 m de profundidade. Está rodeado de varias illas, como o Illote de Keller ao Norte.

Ouessant marca tradicionalmente a entrada Sur do Canle da Mancha.

Remove ads

Historia

Separouse do continente ao fin da última era glaciar. Estivo habitada xa desde o ano -1500. Despois a maioría dos homes adoitaban partir co exército ao mar, polo que se chamou "a illa das mulleres". Os seus habitantes case non pagan impostos e recibiron algúns premios pola súa capacidade de socorro aos náufragos.

Atraccións

Forma parte do Parque Rexional Natural de Armorique. Presenta gran variedade de paxaros, algúns en perigo de extinción, e unha poboada colonia de coellos. Por mor dos seus ventos non existen bosques sobre a illa.

Existen varios faros sobre a illa: o faro de Stiff; o faro de Créac'h, o máis potente do mundo; os faros da Egua, de Kereón e de Nividic; e a torre de control marítimo da zona, dotada cos últimos avances tecnolóxicos.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads