Oulun Kärpät
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Oulun Kärpät é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia), é propiedade de Kärppä-säätiö (Fundación Kärppä). Foi fundado en 1946 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, competición que gañou en sete ocasións (1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014 e 2015).
Remove ads
Capitáns do equipo
Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[1]
Números retirados
Remove ads
Dende que o Oulun Kärpät ascendera por primeira vez á SM-liiga na tempada 1977-78 varios adestradores pasaron polo banco do equipo de Ostrobotnia do Norte cando este se encontraba na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés:[6]
Remove ads
Equipo feminino
- Artigo principal: Kärpät Naiset.

Os Kärpät contan cun equipo feminino fundado en 1990,[7] se ben non foi ata a tempada 1992-93 cando participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona.[8] Dúas tempadas despois, na tempada 1994-95, debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[9]
Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, a Auroraliiga.
Trofeos
Trofeos colectivos

- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Kärpät gañou proclamouse un total de oito veces campión de Finlandia: 1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014, 2015 e 2018.[10]
- O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Kärpät gañou este galardón en nove ocasións: 1987, 2005, 2006, 2007, 2008, 2014, 2015, 2018 e 2019.[10]
- Campión: 2007[11]
- Campión: 2003[12]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads