Tampere Cup

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tampere Cup
Remove ads

A Tampere Cup é un torneo de hóckey sobre xeo que se disputa cada ano na cidade de Tampere, Finlandia. O torneo é organizado polos dous grandes clubs da cidade finlandesa, o Ilves e o Tappara, sendo este último o equipo que máis veces o gañou con seis.

Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Remove ads

Historia

Thumb
Andrei Mezin defendendo a portería do Metallurg Magnitogorsk na edición de 2008, na que o equipo ruso proclamouse campión.

Celebrouse por primeira vez en 1989, cando o Sokol Kíiv soviético derrotou na final a un dos equipos organizadores, o Tappara, por 8-2.[1] En 2008 celebrou a súa vixésima edición consecutiva cun nivel moi alto ao contar con catro equipos na SM-liiga finlandesa (Ilves e Tappara como anfitrións, e Blues e HPK) e dous da recentemente creada Kontinental Hockey League eurasiática (Dinamo Riga e Metallurg Magnitogorsk) Nestes primeiros 20 anos sempre no mesmo escenario, o xeo de Hakametsä, mais tan só en dúas ocasións o trofeo foi entregado a un dos equipos anfitrións, foi en 1996 e 1999, e ambas veces foi o Tappara quen o ergueu. Con todo, a presión das grandes ligas internacionais acabou por eliminalo do calendario.[2][3] Inicialmente eran oito os equipos participantes, aínda que en 2001 o número reduciuse a seis. Ata 2008 participaran no torneo un total de 47 equipos diferentes de 13 países.[4] Nesta primeira etapa do torneo o campionato quedou en Finlandia un total de sete veces. Os equipos organizadores, Ilves e Tappara, participaron en todas as edicións, mentres que o resto foron cambiando. Logo dos equipos de Tampere o seguinte equipo que máis veces participou foi o Luleå, cun total de 11 edicións. En 2009 deixouse de organizar.

Tampere Cup volveuse organizar en agosto de 2015 baixo o nome de Decens Tampere Cup por motivos de patrocinio. Amais de Ilves e Tappara participaron no torneo Helsingin IFK e Turun Palloseura. O torneo disputouse en dous días e o HIFK de Helsinqui proclamouse campión.[5] Na primeira edición da nova etapa do torneo HIFK, que xa derrotara nas semifinais a TPS,[6] impúxose na final a Ilves 2-6.[7]

O torneo tamén se celebrou en agosto de 2016. Ese aano Tappara celebrou a vitoria final fronte a Turun Palloseura con gol de Jere Karjalainen.[8] No partido polo bronce Ilves derrotou a HIFK (2-1) no tempo suplementario logo de ter finalizado o partido con empate 1-1.[9]

En agosto de 2017 a Tampere Cup contou, ademais de con Ilves e Tappara, con HIFK e Pelicans.[10]

En 2018 o torneo contou cos mesmos participantes que o ano anterior. Tappara proclamouse campión por terceira vez consecutiva logo de derrotar na final a HIFK 4-0.

Thumb
Partido polo bronce entre Ilves e HPK durante a edición de 2021 disputada no Tesoman jäähalli.

En 2021 a Tampere Cup amais de Tappara e Ilves, participaron KooKoo e HPK. A sede do torneo foi excepcionalmente o Tesoman jäähalli.[11] Ese ano KooKoo conseguiu a súa primeira Tampere Cup.

En 2022 o torneo, denominado por motivos de patrocinio “Aamulehti Tampere Cup”, disputouse por primeira vez no Nokia Arena coa participación de HPK e JYP amais dos equipos organizadores.[12] Ese ano, o campión finlandés, Tappara, alzou a copa logo de derrotar a HPK 3-2,[13] mentres que o outro equipo da cidade, Ilves, fíxose co bronce logo de remontar tres goles fronte ao equipo de Jyväskylä. [14]

Na edición de 2024 o torneo volveu disputarse en Hakametsä e, ademais dos equipos anfitrións, contou coa presenza do IFK de Helsinqui e o HC Davos suízo.[15] Finalmente o equipo de Davos alzouse co torneo logo de impoñerse ao Ilves na final por 1-3.[16]

Logo de dúas edicións con presenza de equipos non finlandeses, en 2025 a Tampere Cup volveu xogarse en Hakametä co IFK de Helsinqui e os Ässät de Pori como equipos invitados.[17] Finalmente os Ässät gañaron por primeira vez a Tampere Cup logo de impoñerse nos shootouts ao gol do xogador sueco Johan Olofsson.[18]

Remove ads

Medallistas

Máis información Ano, Campión ...
Remove ads

Casificación de equipos

Máis información Equipo, Campión ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads