Ouranopithecus
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ouranopithecus é un xénero extinto de grandes simios eurasiáticos representado por dúas especies, Ouranopithecus macedoniensis, un hominoide do Mioceno Tardío (hai 9,6–8,7 Ma) de Grecia e Bulgaria,[1][2] e Ouranopithecus turkae, tamén do Mioceno Tardío (8,7–7,4 Ma) de Turquía.[3]
Liña do tempo da evolución humana
Escala do eixe: millóns de anos.
Remove ads
Sistemática
Baseándose na anatomía facial e dental de O. macedoniensis', suxeriuse que Ouranopithecus era realmente un driopitecino. Porén, os ouranopitecinos están probablemente máis estreitamente relacionados cos Ponginae.[4][5] Algúns investigadores consideran que O. macedoniensis é o último antepasado común de simios e humanos,[6] e un predecesor de australopitecinos e humanos,[7] aínda que isto é moi polémico e non está amplamente aceptado. É certo que O. macedoniensis comparte características derivadas con algúns dos primeiros homininos (como o seo frontal, unha cavidade na fronte), pero case con certeza non son especies estreitramente relacionadas.[8] Suxeriuse que pode ser un sinónimo taxsonómico de Graecopithecus freybergi,[9] aínda que isto foi moi discutido na literatura.[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads