Oxynotus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Oxynotus
Remove ads

Oxynotus é o xénero tipo, e único, da familia dos oxinótidos (Oxynotidae), peixes elasmobranquios da orde dos escualiformes.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...

As súas cinco especies actualmente descritas, coñecidas popularmente como peixes porco,[2][3][4] habitan en augas do Mediterráneo, Atlántico e Pacífico occidental.[5]

Remove ads

Etimoloxía

O nome Oxynotus deriva das palabras do grego clásico ὀξύς oxýs "agudo", "afiado", e νῶτον nôton, "detrás", "atrás", é dicir, significa "afiado pola parte de atrás".

Características

As principais características dos peixes porco son as seguintes:[5]

O corpo é moi alto e comprimido, triangular en sección transversal, de entre 50 e 150 cm de lonxitude e coa pel moi rugosa.

As aletas dorsais son moi altas (especialmente no peixe porco veleiro, cada unha delas cunha grande espiña, que pode estar oculta pola aleta. A orixe da primeira pode estenderse moito máis alá das aberturas branquiais.

Teñen quillas laterais no abdome, entre as aletas pectorais e as pelvianas.

Presentan órganos luminiscentes.

Remove ads

Historia natural

Son propios da plataforma e o noiro continental.[5]

Taxonomía

Thumb
Peixe porco (Oxynotus centrina).

A familia comprende un só xénero, Oxynotus coas cinco especies seguintes:[5]

Remove ads

En Galicia

En augas próximas a Galicia aparecen citadas na bibliografía ictiolóxica galega as especies Oxynotus centrina [2][3][6][7] como "frecuente" e, de presenza menos asidua, Oxynotus paradoxus [2][3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads