Xosé Pérez Ballesteros
escritor e investigador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e finado na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).
Remove ads
Traxectoria
Cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, acabando por doutorarse na primeira delas en 1859, cunha tese sobre o concilio de Trento, que presentou na Universidade Central madrileña. En 1865 aprobou por oposición a cátedra de Lóxica, Psicoloxía e Ética, que exerceu no Instituto de bacharelato da Coruña. En 1878 pasou a ostentar o cargo de director de dito centro de estudos, no que permaneceu até a súa xubilación.
En 1862 participou na colectánea poética do Álbum de la Caridad cunha obra "Un soño", que databa de 1853. En 1878 publicou o seu primeiro libro de poesías: Versos en dialecto gallego.
Ao fundarse a Sociedad del Folklore Gallego na cidade herculina, o 25 de febreiro de 1884, que presidiu Emilia Pardo Bazán, Pérez Ballesteros ingresou nela como vogal da xunta directiva.[1] Nese mesmo ano dedicaría á dita asociación a primeira escolma de entidade sobre a cantiga galega, o Cancionero popular gallego, publicado nos dous anos seguintes.
Nos anos sucesivos, desde un punto de vista creativo, publicou só outro libro poético, Foguetes (1888), e, de resto, composicións soltas, que apareceron en diversos xornais e revistas, como Almanaque Gallego, El Heraldo Gallego de Ourense, La Ilustración Gallega y Asturiana, Galicia Humorística, Galicia. Revista Regional, O Galiciano, Revista de Galicia ou Revista Gallega da Coruña, en A Monteira de Lugo etc.[1] Colaborou con catro poemas na edición políglota de Lo Gayter del Llobregat (1888-89) de Joaquim Rubió i Ors,[2] na que participaron outros cinco escritores galegos. Publicou tamén algúns artigos de temas lingüísticos e literarios.
Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da coruñesa Cova Céltica, a animada e erudita trastenda galeguista de entre séculos, radicada na libraría de Uxío Carré Aldao. En 1905, Pérez Ballesteros formou parte da comisión con representantes de toda Galiza, que segundo encomenda de Manuel Curros Enríquez desde Cuba, debería encargarse de organizar a Academia Galega; Ballesteros, xunto con Manuel Murguía, era o representante da provincia da Coruña. Pouco tempo despois, Pérez Ballesteros foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro tesoureiro.
Remove ads
Obra

Creación literaria
- Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces.[4] Madrid. P. Calleja y Compañía, Editores. 1878, con prólogo de Juan Antonio Saco y Arce.
- Foguetes.[5] A Coruña. Andrés Martínez Salazar Editor. 1888.
Investigación
- Juício crítico acerca del Concilio de Trento y estado de la disciplina eclesiástica antes y después de su celebración.[6] (tese de doutoramento). Madrid. 1859.
- Refranero gallego y diccionario analítico, 1884, inédito.[1]
- Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (3 tomos). 1886. Con prólogo de T. Braga e apéndice de A. Machado Álvarez.[7] Madrid. Incluídos na "Biblioteca de Tradiciones Populares".[8]
- Apuntes cervantinos. A Coruña. Tipografía La Constancia. 1905.
Artigos diversos
- Un descubrimiento zoológico del Sr. López Seoane, na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, nº 9, 28-III-1881.
- Cuestión gramatical: conto, na revista Galicia, nº 5. A Coruña. 1888.
- Indicaciones acerca de la Prosodia y Ortografía gallegas, na revista Galicia, nº 8. A Coruña. 1888.
Remove ads
Galería de imaxes
- Versos en dialecto gallego, 1878. PDF.
- Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads