POSIX

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

POSIX (acrónimo de Portable Operating System Interface, «Interface de Sistema Operativo Portátil para Unix»),[1] en ciencias da computación, indica a familia de estándares definidos pola IEEE, formalmente chamados IEEE 1003. O nome do estándar internacional é ISO/IEC 9945.[2]

Datos rápidos Implicados, Identificadores ...

O termo foi acuñado por Richard Stallman en resposta á solicitude de IEEE dun nome fácil de memorizar. O propósito do estándar POSIX é definir algúns conceptos básicos que se deben seguir ao desenvolver un sistema operativo.[3][4][5]

Remove ads

Versións

POSIX consistía orixinalmente nun único documento para os servizos principais, pero co tempo publicáronse documentos adicionais para ampliar e revisar a especificación. Antes de 1997, POSIX comprendía varios documentos que se publicaron ao longo de varios anos. Despois de 1997, o Austin Group produce especificacións tituladas Single UNIX Specification (SUS). Co tempo, o grupo publica versións desta especificación e, posteriormente, POSIX é modificado para incluír algunhas ou todas as versións de SUS. Unha versión SUS consiste nunha colección de volumes (cada un para unha agrupación de comportamentos requiridos) ademais doutra información (fóra dun volume).[6] A cada volume asígnaselle un número de edición que é o mesmo para cada volume dunha versión, pero non é o mesmo valor que a versión. Por exemplo, SUS versión 3 (SUSv3) inclúe volumes etiquetados como número 6.

A partir de 2014, a documentación de POSIX está dividida en dúas partes:

  • POSIX.1, Edición de 2013: definicións básicas de POSIX, interfaces de sistema e comandos e utilidades (que inclúen POSIX.1, extensións para POSIX.1, servizos en tempo real, interface de fíos, extensións en tempo real, interface de seguridade, acceso a ficheiros de rede e comunicacións de rede de proceso a proceso, extensións de portabilidade de usuario, correccións e extensións, utilidades de protección e control e utilidades do sistema por lotes. Trátase de POSIX 1003.1-2008 coa corrección técnica 1.)
  • Probas de conformidade POSIX: un conxunto de probas para POSIX acompaña o estándar, VSX-PCTS ou o VSX POSIX Conformance Test Suite («conxunto de probas de conformidade VSX POSIX»).[7]
Remove ads

Conformidade

Un sistema operativo pódese clasificar segundo o seu grao de conformidade cun estándar POSIX.

Certificado

As versións actuais dos seguintes sistemas operativos foron certificadas para cumprir un ou máis dos distintos estándares POSIX. Isto significa que superaron as probas de conformidade automatizadas,[8] que a súa certificación non caducou e que o sistema operativo non foi descontinuado.[9][10]

Anteriormente certificado

Algunhas versións dos seguintes sistemas operativos foron certificadas para cumprir un ou máis dos distintos estándares POSIX. Isto significa que superaron as probas de conformidade automatizadas. A certificación caducou e algúns dos sistemas operativos foron descontinuados.[9]

  • EulerOS (caducou en 2022)[19]
  • Inspur K-UX (caducou en 2019)[20]
  • IRIX (extinto en 2006)[21]
  • OS/390 (extinto en 2004)[22]
  • QNX Neutrino[23]
  • Solaris (caducou en 2019)[24]
  • Tru64 (extinto en 2010)[25]
  • LiteOS (extinto en 2020)[26]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads