PRoject for On-Board Autonomy 1

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

PROBA 1 (de Project for Onboard Autonomy 1) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota, na India, nun lanzamento de órbita polar,[7] para facer probas de varios novos sistemas e para estudar a Terra.[2][3][5][6]

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...

Foi seguido de Proba-2 (observador solar), Proba-V (seguidor da vexetación terrestre) e do par Proba-3,que creará eclipses solares artificiais en órbita para observar a coroa solar.

Remove ads

Características

PROBA é principalmente un demostrador tecnolóxico con varios sistemas novedosos a bordo pero que tamén se adica a observar a Terra a través do seu instrumento principal, unha cámara espectral de alta resolución. O satélite é capaz de observar a mesma zona da Terra desde diferentes ángulos e pode gardar imaxes dunha zona de 18,6 km de lado cunha resolución de 18 metros. Os datos obtidos polos satélite son enviados á estación da ESA en Redu, Bélxica.[3][5][6]

Remove ads

O satélite ten forma de caixa e unha masa de 94 kg. Obtén a súa enerxía de células solares que recobren as paredes do satélite.[3][5][6]

Instrumentos

PROBA 1 leva os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • CHRIS (Compact High Resolution Imaging Spectrometer): o instrumento principal de PROBA, é unha cámara de só 14 kg usada para fotografar a Terra e estudar o medio ambiente. Foi deseñada e desenvolvida por Sira Electro-Optics, do Reino Unido. Deixou de funcionar no 2022.[7]
  • SREM (Standard Radiation Environment Monitor): monitor de radiación ambiental.
  • DEBIE (Debris In-Orbit Evaluator): un sensor de restos orbitais para estudar o lixo espacial.
  • High Resolution Camera (HRC): unha cámara monocromática de alta resolución, ata 8 metros por píxel.

Fitos

Será dos primeiros recollidos no espazo (por ClearSpace-1, da ESA, en 2028), despois de ter unha lonxevidade de máis dun cuarto de século ou ter instaladas as primeiras baterías de ión-litio a bordo.[7]

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads