PUMA

From Wikipedia, the free encyclopedia

PUMA
Remove ads

PUMA AG, tamén escrito só Puma, é unha empresa alemá que fabrica accesorios deportivos, roupa e calzado, cuxa sede está en Herzogenaurach, en Baviera, Alemaña.[1][2]

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Remove ads

Historia

A empresa foi fundada en 1948 por Rudolf Dassler. En 1924, Rudolf e o seu irmán Adolf Dassler formaran a empresa Gebrüder Dassler Schuhfabrik (Fábrica de zapatos dos irmáns Dassler) e fabricaron material deportivo para os Xogos Olímpicos de 1936 na Alemaña nazi. A relación entre os dous irmáns deteriorouse até que ambos acordaron separarse en 1948, formando dúas entidades separadas, Adidas e Puma.[3]

Actualmente, a compañía opera baixo unha estrutura virtual que lle permite xestionar todas as divisións do mundo. En 2007, Puma pasou a formar parte do grupo francés Kering, propietario de marcas como Gucci, Yves Saint-Laurent ou Balenciaga. En 2018, Kering cedeu o 70% das accións en circulación da marca, reducindo a súa participación ao 16% do 86,3% que posuía.[4]

Algunhas das lendas do deporte que se equiparon cos produtos da compañía son os futbolistas Pelé, Maradona e Lothar Matthäus, os atletas Tommie Smith, Linford Christie e Usain Bolt, o tenista Boris Becker ou o piloto Lewis Hamilton.[5]

Remove ads

Controversias e posicións sociopolíticas

Thumb
O medallista de ouro Tommie Smith (centro) e o medallista de bronce John Carlos (esquerda), ambos patrocinados por PUMA, levantan o puño no podio tras a carreira de 200 metros nos Xogos Olímpicos de 1968.
  • Apoio a John Akii-Bua: En 1972, nos Xogos Olímpicos de Múnic, Puma proporcionou calzado ao atleta ugandés John Akii-Bua. Despois de ser expulsado de Uganda, Puma empregouno en Alemaña antes de que finalmente regresara ao seu país.[8]
  • Controversia sobre o patrocinio israelí: En 2022, Puma enfrontouse a un boicot do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) polo seu patrocinio á Asociación de Fútbol de Israel. A campaña BDS acusou a Puma de complicidade co "réxime colonial e de apartheid israelí" e afirmou que Puma contratou cun distribuidor israelí que opera en asentamentos ilegais na Cisxordania.[9] En 2023 foi acusada de apoiar a colonización de Palestina;[10] en decembro do mesmo ano anunciou que deixaba de patrocinar a selección de Israel.[11]
  • Activismo de marca: Inspirada por Tommie Smith, Puma lanzou a plataforma #REFORM para apoiar a activistas do mundos do deporte, a música e o entretemento en causas como a igualdade universal e a reforma da xustiza penal. Tommie Smith serve como 'Capitán Emérito' do #REFORM Team, pola igualdade universal.[12]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads