Palacio de Peterhof
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Peterhof (en ruso: Петерго́ф Petergof), orixinalmente Peterhof, que en alemán significa "Pazo/Xardín de Pedro), tamén coñecido como "Versailles Ruso", é un conxunto de pazos e xardíns, mandados construír por Pedro o Grande. Atópase nas proximidades dunha cidade de 82.000 habitantes co mesmo nome, a uns trinta quilómetros da antiga capital rusa, San Petersburgo (20 km ao oeste e 6 km a sur), con vistas ao Golfo de Finlandia, un brazo do Mar Báltico. Así como o centro histórico de San Petersburgo, o Palacio do Peterhof forma parte do Patrimonio Mundial da UNESCO.[1] No centro do complexo atópase o Gran Palacio, edificado no terrazo marítimo, de estilo barroco, con amplos xardíns e fontes.

Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads