Pandalus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pandalus
Remove ads

Pandalus é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da familia dos pandálidos, que comprende numerosas especies de camaróns.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...

As especies deste xénero son de tamaño mediano e algunhas, de alto valor económico, son obxecto de pesca comercial, capturándose con artes de arrastre.[3]

Unha especie, Pandalus montagui, vive en asociación simbiótica co verme poliqueto, Sabellaria spinulosa.[3]

Remove ads

Bioloxía

Viven de 3 a 5 anos, e alcanzan a madurez sexual a idade temperá. Son hermafroditas protoándricos, é dicir, que comezan a súa vida adulta sendo machos para convertérense despois en femias.[2]

A reprodución lévase a cabo na primavera, sendo a fecundación interna. As femias producen até 3 000 ovos, que leva a nai debaixo do abdome durante 6 días antes de que comecen a desenvolvérense as larvas.[2]

As larvas permanecen no plancto entre 4 e 6 meses. Durante este tempo van á deriva nas correntes e teñen un potencial de dispersión de polo menos 10 km.[2]

Teñen unha taxa de crecemento alta, o que significa que as poboacións poden recuperarse rapidamente despois dunha destrución ou dunha perturbación do hábitat. .[3]

Remove ads

Taxonomía

O xénero foi descrito en 1814 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach no capítulo "Crustaceology" na obra dirixida por D. Brewster The Edinburgh Encyclopædia. Edinburgh: A. Balfour, na que tamén describe a familia dos pandálidos.[4]

Especies

O World Register of Marine Species (WoRMS) recoñece na actualidade (29 de outubro de 2013) as seguintes vinte especies:[1]

  • Pandalus borealis Krøyer, 1838
  • Pandalus chani Komai, 1999
  • Pandalus curvatus Komai, 1999
  • Pandalus danae Stimpson, 1857
  • Pandalus eous Makarov, 1935
  • Pandalus formosanus Komai, 1999
  • Pandalus goniurus Stimpson, 1860
  • Pandalus gracilis Stimpson, 1860
  • Pandalus gurneyi Stimpson, 1871
  • Pandalus hypsinotus Brandt, 1851
  • Pandalus ivanovi Komai & Eletskaya, 2008
  • Pandalus jordani Rathbun, 1902
  • Pandalus latirostris Rathbun, 1902b
  • Pandalus montagui Leach, 1814
  • Pandalus nipponensis Yokoya, 1933
  • Pandalus platyceros Brandt, 1851
  • Pandalus prensor Stimpson, 1860
  • Pandalus stenolepis Rathbun, 1902
  • Pandalus teraoi Kubo, 1937
  • Pandalus tridens Rathbun, 1902

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT, 29 de outubro de 2013) só recoñece estas trece:[5]

  • Pandalus borealis Krøyer, 1838
  • Pandalus danae Stimpson, 1857
  • Pandalus eous Makarov, 1935
  • Pandalus goniurus Stimpson, 1860
  • Pandalus gurneyi Stimpson, 1871
  • Pandalus hypsinotus Brandt, 1851
  • Pandalus jordani M. J. Rathbun, 1902
  • Pandalus kessleri Czerniavsky, 1878
  • Pandalus montagui Leach, 1814
  • Pandalus nipponensis Yokoya, 1933
  • Pandalus platyceros Brandt, 1851
  • Pandalus stenolepis M. J. Rathbun, 1902
  • Pandalus tridens M. J. Rathbun, 1902

Ademais, coñécense algunhas outras fósiles.[6]

Remove ads

Pescarías comerciais

Thumb
Pandalus platyceros.

As seguintes especies son pescadas comercialmente:[7][8]

  • Pandalus borealis
  • Pandulus jordani
  • Pandalus goniurus
  • Pandalus danae
  • Pandalus hypsinotus
  • Pandalus montagui
  • Pandalus platyceros

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads