Pandemia
epidemia que afecta a toda a Terra ou a unha ampla rexión desta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha pandemia é unha epidemia que afecta a toda a Terra ou a unha ampla rexión desta. Segundo a Organización Mundial da Saúde, para que poida aparecer unha pandemia precísase que apareza un virus novo, o que implica que a poboación non é inmune a el. Ademais, o virus ten que ser capaz de infectar a humanos causando enfermidades graves e que o virus teña a capacidade de transmitirse de persoa a persoa de forma eficaz.

Remove ads
Causas comúns
No mes de maio de 2009 a OMS cambiou a definición de pandemia. Antes do cambio definíase como "infección por un axente infeccioso, simultánea en diferentes países, cunha mortalidade significativa en relación á proporción de poboación infectada". Na nova definición eliminouse a característica de "mortalidade".
Pandemias históricas

Houbo un número importante de pandemias ao longo da historia do ser humano, xeralmente zoonoses que se produciron pola domesticación dos animais, como a gripe e a tuberculose. Cómpre ser mencionadas unha serie de epidemias que supuxeron a destrución de cidades:
- Peste de Atenas, en 430 a.C. Posiblemente a febre tifoidea matou un cuarto das tropas de Atenas e un cuarto da poboación en catro anos.[1]
- Peste antonina, 165–180. Posiblemente a varíola foi levada á Península Itálica polos soldados que volveron do próximo oriente. Matou uns cinco millóns de persoas en total.[2]
- Peste de Xustiniano, de 541 a 750, foi o primeiro rexistro de peste bubónica. Comezou en Exipto e chegou a Constantinopla a primavera seguinte, matando segundo Procopio) 10 000 persoas cada día no punto álxido e quizais o 40% dos habitantes da cidade[3][4] Causou un descenso do 50 % na poboación europea entre 550 e 700.[5]
- Peste Negra, de 1347 a 1453. O número total de mortos estímase en 75 millóns.[6]
- A terceira praga pandémica comezou na China en 1855 e estendeuse pola India, onde morreron dez millóns de persoas.[7]
A partir do século XIX estendeuse o cólera, que matou decenas de millóns de persoas.[8] Entre 1918 e 1919 estendeuse a gripe española, que infectou un terzo da poboación mundial e puido matar 50 millóns de persoas en dezaoito meses.[9]
Remove ads
Pandemias actuais
O VIH orixinouse en África e estendeuse polo Estados Unidos a través de Haití entre 1966 e 1972.[10] A sida é actualmente unha pandemia, cunha porcentaxe de infectados que chega ao 25 % no sur e o leste de África. En 2006, a prevalencia do VIH entre as mulleres embarazadas en Suráfrica era do 29.1 %.[11] A educación efectiva sobre saúde sexual e a prevención nas infeccións do sangue axudaron a que a porcentaxe diminuíse lentamente en varios países africanos grazas a programas educativos. As taxas de infección están a incrementarse novamente en Asia e América. A mortalidade a causa da sida en África pode acadar os 90-100 millóns en 2025.[12]
En decembro do 2019 identifícase o primeiro caso de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). No 2020 a Organización Mundial da Saúde declara a Pandemia de COVID-19.
Condicións para unha posible pandemia vírica
A OMS indica que para que poida aparecer unha pandemia precísase:
- Que apareza un virus novo, que non circulase previamente e polo tanto non exista poboación inmune a el.
- Que o virus sexa capaz de producir casos graves de enfermidade.
- Que o virus teña a capacidade de transmitirse de persoa a persoa de xeito eficaz.
Clasificación proposta pola Organización Mundial da Saúde
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads