Panecio de Rodas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Panecio de Rodas, nado en Lindos no 185 a. C. e finado en Atenas en 110 a. C., foi un filósofo grego, mestre da escola estoica durante o seu período medio.
Remove ads
Traxectoria
Viaxou a Roma, onde tivo escola, introducindo grandes modificacións na doutrina estoica con elementos tomados do platonismo e do aristotelismo, a fin de adecuala ao pensamento romano, iniciando así a tendencia ecléctica. Alí fixo amizade con Publio Cornelio Escipión Emiliano, do que foi conselleiro. Entre os seus discípulos atopábanse Mnesarco, Hecatón de Rodas, Dárdanos, Escílax de Halicarnaso, Teótimo e Posidonio.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
