Paneer

From Wikipedia, the free encyclopedia

Paneer
Remove ads

Paneer (en hindi: पनीर panīr, do persa پنير panir) é un queixo fresco orixinario da India, utilizado na súa gastronomía, así como na do sur de Asia. Emprégase tipicamente en diferentes preparacións culinarias. Trátase dun queixo callado, non curado, acedo, que non se funde. Foi callado quentando o leite con limón ou outro produto comestible ácido. A diferenza doutros moitos queixos non require de presoiro como axente coagulante,[1] é por iso totalmente lactovexetariano e é unha das fontes máis frecuentes de proteínas para os vexetarianos. Acostúmase tomar sen sal e cociñado.

Thumb
Cachos de paneer nunha ensalada servida nun restaurante indio en Mumbai.
Datos rápidos Orixe, Identificadores ...
Remove ads

Preparación

O paneer prepárase con leite e zume de limón. Férvese o leite e logo bótaselle o limón que provoca que o leite coagule e se separen líquidos de sólidos. Pódese escorrer cunha tea axeitada e deixar repousar cun peso encima. Ás veces utilízase algún tipo de vinagre para producir o coagulado.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads