Papuxas

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Papuxas
Remove ads

Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae).

Máis información PapuxasXénero Sylvia, Clasificación científica ...

O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas,[1] propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.

Remove ads

Características

Son aves de pequeno tamaño, plumaxe discreta, pouco rechamante, canto melodioso e prolongado, moi activas, que se moven constantemente en busca de insectos, dos que se alimentan.

Habitan zonas de bosques frondosos e claros, campos agrícolas e áreas urbanas.

A maioría das especies presentan dimorfismo sexual e os machos distínguense, habitualmente, por presentaren manchas, riscos ou coroas na cabeza.

As especies que aniñan en climas temperados son migratorias, desprazánsose a rexiones cálidas en inverno.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista austríaco, de cultura italiana, Giovanni Antonio Scopoli.

Etimoloxía

O nome Sylvia é un neoloxismo do latín científico usado a miúdo para designar especies de paxaros similares a Sylvia atricapilla,[2] que é un nome propio feminino que significa literalmente "que vive nos bosques", derivado do latín silva, -ae, "selva", "bosque".[3]

Clasificación

Segundo o ITIS, o xénero conta coas 29 especies seguintes:[4]

Nas clasificacións máis modernas, moitas das especies de Sylvia foron pasadas ao xénero Curruca. Ademais, nalgunhas especies as subespecies foron clasificadas como especies separadas.

Remove ads

En Galicia

En Galicia existen 6 especies de papuxas; delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, e 3 son estivais.[5]

Máis información Especie Autoridade, ano, Nome vulgar ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads