Partido Moderado

From Wikipedia, the free encyclopedia

Partido Moderado
Remove ads

O Partido Moderado ou Partido Liberal Moderado era a principal organización política española en liza polo poder no reinado de Isabel II (1833-1868). O nome procede do acordo tácito coa rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias para mante-la orde social. Tamén foi coñecido como Partido Estatutista, porque defenderon o Estatuto Real de 1834, aprobado por Francisco Martínez de la Rosa. A outra organización política rival que se lles opuña era o Partido Progresista. Ámbalas dúas organizacións eran liberais e dinásticas ou isabelinas —é dicir, defensoras da liña dinástica borbónica representada por Isabel II fronte aos carlistas—.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas e cronoloxía ...
Thumb
Martínez de la Rosa, principal creador do Partido Moderado.
Remove ads

Traxectoria

Os moderados ou liberais moderados son a continuación dos doceañistas do Trienio Liberal (opostos aos exaltados ou vinteañistas) que nos últimos anos do reinado de Fernando VII levaron a cabo unha aproximación aos elementos menos absolutistas próximos ao poder. Trala morte do rei, apoiaron a sucesión de Isabel (a filla máis vella do rei, unha nena de tres anos) baixo a rexencia da raíña nai (María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias) e esta sempre procurou mantelos no poder. Do sistema político quedaron afastados os carlistas (partidarios dun absolutismo rigoroso e do Antigo Réxime representado pola sucesión do varón con máis dereito: o infante Carlos María Isidro de Borbón).

O partido créase en 1834, arredor da presidencia de Francisco Martínez de la Rosa, que recolle dende absolutistas que apoiaron a Fernando VII, até carlistas arrepentidos e xente nova da clase media que é rexeitada polos vellos progresistas[1]. Tras uns anos de predominio progresista, ocupou o poder de forma continuada durante a chamada Década moderada (1843-1854) baixo o liderado do xeneral Narváez, e tralo Bienio progresista (1854-1856) volveu ao poder aliado á Unión Liberal.

Thumb
Ramón María Narváez.

Trala revolución de 1868, e a Constitución de 1869 non obtivo representación nas novas Cortes e perdeu todo o seu poder. Unha vez rematado o sexenio democrático e restaurada a monarquía en 1874, a maior parte dos moderados acabarían entrando no Partido Liberal-Conservador, baixo a dirección de Cánovas del Castillo que artellou manobras para dividilo e absorvelo[2] e converterse no líder do bloque monárquico conservador.[3]

Remove ads

Ideoloxía

As súas ideas principais eran:

Apoios

Durante a súa existencia tivo o apoio do exército (os espadones moderados, como o xeneral Narváez), dunha burguesía enriquecida polas desamortizacións e as novas actividades económicas, dos terratenentes (unha aristocracia tradicional presente nas zonas latifundistas de Andalucía e a Meseta) e dunha parte importante da chamada clase media (a autodenominada "xente de orde") composta por intelectuais de prestixio, altos funcionarios e profesionais[3].

Economicamente tendían a defender o librecambismo que permitía a exportación dos excedentes agrícolas, o que se favorecía os intereses das súas bases sociais. Electoralmente defendían o sufraxio restrinxido ou sufraxio censitario (que limitaba o censo electoral aos máis ricos, esixindo un determinado nivel de propiedade ou o pagamento dunha certa cantidade de impostos para obte-la condición de elector).

Unha vez derrotado o carlismo, o pacto que supuxo o remate da guerra (abrazo de Bergara) permitiu que algúns dos seus membros máis moderados e condescendentes se incorporaran ao partido. O mesmo ocorreu coa maior parte do clero (moi presente na contorna da raíña) despois do Concordato de 1851, aínda que a corrente denominada neocatólicos (a corrente católica-conservadora do partido moderado)[4] mantívose como unha opción diferenciada e apoiou, en moitas ocasións, a opción carlista.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads